Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Venres 1 de Decembro de 2023

Imagen
 Moi bo día nenos e nenas!! Hoxe é un día moi especial, xa que ademais de darlle a Benvida a fin de semana tamén comezamos un novo mes. O MES DE DECEMBRO Deixovos aquí o calendario de este novo mes e o gráfico do tempo Xa que estamos tan contentos imos comezar cantando CANCIÓN A emoción da que imos falar hoxe é a VERGOÑA VIDEO VERGOÑA Antes de comezar coa asamblea imos xogar un pouco cas cantidades, para comezar colleremos cada un unha decena de policubos. Agora estade moi atentos e seguide as instrucións da vosa profe!! A continuación faremos a asamblea onde hoxe os encargad@s serán: En 1º A Pablo En 1ºB Enzo Que teñades un día estupendo e unha fin de semana ainda mellor, vémonos o Luns!!

Xoves 30 de Novembro de 2023

Imagen
   Moi bo día de Xoves!! Xa esta rematando a semana. Hoxe todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés coa Teacher Belén. Os de 1º B tamén teredes clase de Educación Física con Antón. Imos comezar coa emoción de hoxe que é:  A CULPA VIDEO CULPA Os encargados de hoxe son: 1º A : Borja 1ºB: Iria Coma sempre, @ encargad@ escolle @s encargad@s de material das mesas e prepara o panel da data mentres cubrimos todos o noso calendario que temos no caixón. Empezamos despois ca rutina do día co ditado de 3 números e 3 palabras d@ encargad@ para completar a seguinte ficha: FICHA ENCARGAD@S Unha vez ides rematando faredes a FICHA DO DÍA No tempo de traballo individual podedes continuar cos cadernos de letras que temos comezados. Ata mañán!!

Mércores 29 de Novembro de 2023

Imagen
  Bos días!! Hoxe é Mércores. Hoxe temos de encargados en: - 1º A:  Lucía - 1ºB:  Lucas Estas son as fichas da asamblea: FICHA DO DÍA FICHA DO ENCARGAD@ A emoción de hoxe é... REMORDIMENTO Imos ver un video sobre esta emoción. VIDEO REMORDIMENTO Tamén comezaremos cunha nova letra,  LECTURA LETRA D FICHAS LETRA D Continuamos tamén co PROXECTO EU e O NOSO COLE Xa me despido desexándovos un bo día de mércores. Ata mañán amigos e amigas!!!

Martes 28 de Novembro de 2023

Imagen
  MOI BO DÍA DE MARTES NENAS E NENOS!!!!! Coma todos os martes, tedes clase de Inglés coa teacher Belén  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. Imos comezar coa EMOCIÓN DO DÍA!!!!!! HOXE A EMOCIÓN DO DÍA!!!!   A emoción do día é ...    COMPAIXÓN VIDEO COMPAIXÓN Imos xa comezar a  ASAMBLEA   Os encargad@s de hoxe son: 1ºA LEIRE 1ºB: UXÍA Estas son as fichas de asamblea. FICHA DATA DO DÍA FICHA ENCARGAD@S Deixovos por aqui unhas fichas de traballo para que sigades reforzando contidos matemáticos. LA DECENA FAMILIA DEL 10 PARTE 1 FAMILIA DEL 10 PARTE 2 FAMILIA DEL 10 PARTE 3 Vémonos mañán! Que teñades un feliz día!

Luns 27 de Novembro de 2023

Imagen
 Bos días!! Comezamos unha nova semana!! Repasemos os días da semana, cantando: CANCIÓN DÍAS DA SEMANA Coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. A emoción de hoxe é: TRISTURA Escoitade esta canción relacionada ca emoción de hoxe: CANCIÓN TRISTURA Hoxe en 1ºA tedes de encargado a IKER.   En 1ºB acabástedes a ronda de encargados así que esperamos a mañán para comezar unha nova. Por certo, teño unha dúbida, a ver se podedes axudarme... Que é unha decena?? Mañán xa falamos e me contades. Pasádeo moi ben hoxe e non vos esquezades de seguir traballando coa letra T. Ata mañán!!

Venres 24 de Novembro de 2023

Imagen
  BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! Hoxe é venres, día 24 de novembro, día no que imos facer algo que correspondería ao día de mañá, día 25 de novembro... Sabedes que é????? Pois si, aínda que o propio día cada ano sempre e´o 25N, nós celebrámolo hoxe porque mañá non hai cole!!!!! Por que é importante este día 25N para a sociedade, é dicir, para todos nós? É importante sobre todo porque hai que ser boas persoas, persoas respetuosas... e non querer facer dano a ninguén, sexa home ou sexa muller...  ASÍ QUE DECIMOS "NON Á VIOLENCIA" HOXE COMO É VENRES NON NOS PODEMOS ESQUECER DA NOSA CANCIÓN... CANTÁMOLA???? ENLACE VIDEO CANCIÓN FIN DE SEMANA E agora... A EMOCIÓN DO DÍA!!!!   A emoción do día de hoxe é ....  ALEGRÍA!!! ENLACE EMOCIÓN ALEGRÍA Hoxe os encargados son: En 1ºA Ainara En 1ºB Juan Imos decorar os nosos carteis da NON VIOLENCIA. ENLACE EXEMPLOS DECORACIÓN CARTEIS 25N   ANDAINA 25N Hoxe sairemos á rúa para reivindicar o DÍA 25N, Día Internacional contra a Eliminación da Viol

Xoves 24 de Novembro de 2023

Imagen
 Moi bo día de Xoves!! Xa esta rematando a semana. Hoxe todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés coa Teacher Belén. Os de 1º B tamén teredes clase de Educación Física con Antón. Mirade este video relacionado coa emoción de hoxe: VIDEO A emoción da que imos falar hoxe é a  FELICIDADE Os encargados de hoxe son: 1º A : Borja 1ºB: Iago Deixovos aquí a LECTURA T , caderno letra T , e unhas fichas para practicar o número anterior e posterior Ata mañán, acordádevos de vir de negro!!!

Mércores 23 de Novembro de 2023

Imagen
Bos días!! Hoxe é Mércores. Hoxe temos de encargados en: - 1º A:  Lucía - 1ºB:  Lucas Antes de que empecedes coa asamblea imos comezar cunha letra nova, mirade este video Letra T Ademáis hoxe imos utilizar os números de Outono que preparástedes, collede cada un os seus e empezamos... SEGUIDE AS INSTRUCCIÓNS QUE VOS DIGAN AS VOSAS PROFES Xa me despido desexándovos un bo día de mércores. Noooon que xa sei que me falta decirvos de que emoción vos propoño falar hoxe...  SERENIDADE Ata mañán amigos e amigas!!!

Martes 21 de Novembro de 2023

Imagen
MOI BO DÍA DE MARTES!!!!! Coma todos os martes, tedes clase de Inglés coa teacher Belén  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. Hoxe imos facer a gravación dos videossssss!!!!!! Así que teremos que prepararnos para actuar moi ben!!!!! Imos comezar cantando: CANCIÓN  A actividade de gravación que imos facer está relacionada co conto que estivemos traballando estes días e co 25N. Non me esquezo da EMOCIÓN DO DÍA!!!!!! HOXE A EMOCIÓN DO DÍA!!!!   A emoción do día é ....  ALIVIO Imos xa comezar a ASAMBLEA para poder ter tempo para a gravación!!!!! Os encargad@s de hoxe son: 1ºA LEIRE 1ºB: UXÍA Recordade que estamos traballando como localizar e describir obxectos. Así que a encargada escolle un obxecto da clase e ten que dar pistas para que o poidamos adiviñar. Estade moi atent@s!! Estas son as fichas de asamblea. FICHA DO DÍA FICHA ENCARGAD@S Se tedes tempo de traballo individual acabade os cadernos da letra P e avanzade un pouquiño nas sumas. Vémonos mañ

Luns 20 de Novembro de 2023

Imagen
  Moi bos días!! Comezamos unha nova semana deste mes de Novembro. Imos comezar cantando os días da semana CANCIÓN OS DIAS DA SEMANA Coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. A emoción no día de hoxe é ....  TENSIÓN Imos falar da nosa fin de semana e traballeremos a expresión escrita no noso: DIARIO DA FIN DE SEMANA. E agora sí, comezamos coa asamblea,  hoxe temos de encargad@s: En 1º A: Roi En 1ºB: Breogán Seguimos con esta ronda de encargados.na que estamos traballando como localizar e describir obxectos. Recordade que o encargado ou encargada escolle un obxecto da clase e te que dar pistas para que o poidamos adiviñar. Estade moi atent@s!! Estas son as fichas de asamblea. FICHA DO DÍA FICHA ENCARGAD@S Que teñades moi bo día de Luns, eu xa me despido ata mañán!!! Disfrutade do día e ata mañán!!!!

Venres 17 de Novembro de 2023

Imagen
Ola amiguiñ@s!! Xa chegamos ao venres!! Imos comezar coma sempre cantando!! CANCIÓN FIN DE SEMANA Recórdovos que os nenos e nenas de 1º A hoxe teredes Educación Física con Maricha e ademáis os dous grupos de 1º ides rematar a semana coa profe Geni e a súa clase de Música. Os encargados de hoxe son: En 1ºA: Pablo En 1ºB: Rodrigo A emoción da que imos falar hoxe é a IRRITACIÓN Mirade este conto relacIonado coa emoción de hoxe: EL PUENTE Agora imos seguir traballando cos números e a súa descomposición. Completade as casiñas dos números descompoñéndoos. CASITAS DE DESCOMPOSICIÓN Pasade una boa fin de semana e vémonos o luns.

Xoves 16 de Novembro de 2023

Imagen
  Moi bos días nenos e nenas!! Xa estamos a Xoves!!  Hoxe temos de encargados: - En 1º A a Julia - En 1º B a Sofía Hoxe é Xoves e todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés coa Teacher Belén. Os de 1º B tamén teredes clase de Educación Física con Antón. A emoción da que imos falar hoxe é a  IRA Escoitade este conto sobre a Ira  CONTO: " TENGO UN VOLCÁN DENTRO" Hoxe faremos un dictado fonémico. Recordade seguir traballando no  CADERNO DA LETRA P Ata mañán!!!

Mércores 15 de Novembro de 2023

Imagen
Bos días!! Hoxe é Mércores. Hoxe temos de encargados en: - 1º A:  Sabela - 1ºB:  Noa Antes de que empecedes coa asamblea imos comezar cunha letra nova, mirade este video Letra P Deixóvos tamén aquí o enlace das FICHAS DE LECTURA e o CADERNO LETRA P Ademáis propóñovos seguir traballando no PROXECTO EU . Xa me despido desexándovos un bo día de mércores. Noooon que xa sei que me falta decirvos de que emoción vos propoño falar hoxe, é a crontraria a de onte... ODIO Ata mañán amigos e amigas!!!

Martes 14 de Novembro de 2023

Imagen
Ola!!! Moi bo día amiguit@s!!!  Como vos atopades hoxe?? Anda, pero vexo toooodo moi azul... ah claro xa non me lembraba que hoxe 14 de Novembro celébrase o día da Diabete e tedes planeada unha andaina pola vila de Cuntis... espero que o tempo vos deixe saír a pasear as vosas pancartas que con tanto esforzo fixéstedes. Hoxe é Martes e como xa sabedes tedes clase de Inglés coa teacher Belén  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. A emoción que imos traballar hoxe é o  AMOR No tempo de asamblea teremos de encargados: En 1ºA: Yeredey En 1ºB: Antón Que teñades un Martes estupendo!! Ata mañán!!

Luns 13 de Novembro de 2023

Imagen
  Moi bos días!! Hoxe é luns e imos comezar a semana con ritmo!! CANCIÓN OS DÍAS DA SEMANA Agora quero que vexades este video: VIDEO Xa me dixeron Ana e Silvia que estabades preparando unhas pancartas para mañán que se celebra o día da diabetes e levar na andaina que ides facer por Cuntis, paréceme unha idea xenial!! Xa sabedes que coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. Hoxe teño tamén algo novo que contarvos: Imos comezar unha nova rutina  no blogue "A EMOCIÓN DO DÍA"  coa que aprenderemos que emocións existen e o seu significado. Recordade que podedes traer un debuxo da casa sobre cada emoción para decorar o noso RECUNCHO DAS EMOCIÓNS no noso corredor!!!!! Animádevos a participar!!!! A emoción no día de hoxe é ....  A TERNURA Imos falar da nosa fin de semana e traballeremos a expresión escrita no noso: DIARIO DA FIN DE SEMANA. E agora sí, comezamos coa asamblea,  hoxe temos de encargad@s: En 1º A: L

Venres 10 de Novembro de 2023

Imagen
  Bo día amig@s!!! Xa estamos no último dia de cole desta semana. Hoxe é VENRES. Mañán xa estaremos na fin de semana co Sábado e o Domingo. Imos pois despedir esta semana cantando e bailando. CANCIÓN DA FIN DE SEMANA. Recórdovos que os nenos e nenas de 1º A hoxe teredes Educación Física con Maricha e ademáis os dous grupos de 1º ides rematar a semana coa profe Geni e a súa clase de Música. Xa vin que onte estivéstedes traballando a descomposición. Deixovos esta ficha para que sigades practicándoa. FICHA DESCOMPOSICIÓN Imos coa asamblea. Hoxe temos de encargados: En 1º A: Manuel En 1º B: Enzo FICHA LOCALIZAR Y DESCRIBIR OBJETOS FICHA DEL DIA Veña que xa non queda nada. Disfrutade do Venres e volvemos o Luns coas pilas cargadas!! Chaitooo

Xoves 9 de Novembro de 2023

Imagen
  Moi bos días nenos e nenas!! Xa estamos a Xoves!! Imos ver este video, a ver que vos parece: VÍDEO Qué vos pareceu?? E vós, sabedes descompoñer o 10?? Imos practicar!! Collede 10 cousas e a practicar!! Xa me contaredes que tal!! Agora sí, imos coas asambleas. Hoxe temos de encargados: - En 1º A a Breixo - En 1º B a María Deixovos xa, non sin antes recordarvos que h oxe é Xoves e todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés coa Teacher Belén. Os de 1º B tamén teredes clase de Educación Física con Antón. Ata mañán!!!

Mércores 8 de Novembro de 2023

Imagen
  Bos días!! Hoxe é Mércores. Hoxe temos de encargados en: - 1º A:  PABLO - 1ºB:  MARTÍN Xa me despido desexándovos un bo día de mércores. Ata mañán amigos e amigas!!!

Martes 7 de Novembro de 2023

Imagen
 Ola!! Moi bo día amiguit@s!!!  Como vos atopades hoxe?? Hoxe é Martes e como xa sabedes tedes clase de Inglés coa teacher Belén  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. Deixovos aquín un enlace para que practiquedes co xogo do 3 en raia que fixéstedes no obradoiro de Samaín XOGO 3 EN RAIA Hoxe temos de encargados En 1º A a Valerio En 1º B a Mateo Estas son as fichas de rutinas para facer FICHA DO DÍA FICHA DO ENCARGADO Despois se tedes tempo xa tedes novas tarefas cargadas nas tablets para avanzar en Lingua castelá e en matemáticas. Que teñades un Martes estupendo!! Ata mañán!!

Luns 6 de Novembro de 2023

Imagen
 Moi bos días!! Hoxe é luns e imos comezar a semana con ritmo!! CANCIÓN OS DÍAS DA SEMANA Xa sabedes que coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. Imos falar da nosa fin de semana e traballeremos a expresión escrita no noso: DIARIO DA FIN DE SEMANA. Non vos esquezades de seguir traballando cos números que como sabedes ademáis de representar unha cantidade tamén nos sirven para facer operacións como a  SUMA , por certo xa non recordo  QUÉ É SUMAR??? FICHAS SUMAS E agora sí, comezamos coa asamblea,  hoxe temos de encargad@s: En 1º A: Leo En 1ºB: Leire Comezamos unha nova ronda de encargados. Imos localizar e describir obxectos. O encargado ou encargada escollerá un obxecto da clase e terá que dar pistas para que o poidamos adiviñar. Estas son as novas fichas de asamblea. FICHA DO DÍA FICHA ENCARGAD@S Que teñades moi bo día de Luns, eu xa me despido ata mañán!!! Disfrutade do día e ata mañán!!!!

Venres 3 de Novembro de 2023

Imagen
Bo día amig@s!!! Xa estamos no último dia de cole desta semana. Hoxe é VENRES. Mañán xa estaremos na fin de semana co Sábado e o Domingo. Imos pois despedir esta semana cantando e bailando. CANCIÓN DA FIN DE SEMANA. Recórdovos que os nenos e nenas de 1º A hoxe teredes Educación Física con Maricha e ademáis os dous grupos de 1º ides rematar a semana coa profe Geni e a súa clase de Música. Imos practicar de novo a lectura da letra s: LECTURA S Veña que xa non queda nada. Disfrutade do Venres e volvemos o Luns coas pilas cargadas!! Chaitooo

Xoves 2 de Novembro de 2023

Imagen
 Moi bo día amiguit@s!! Onde andabades metidos?? Teño que contarvos que o Martes o cole estivo repleto de seres terroríficos... Momias, vampiros, zombis... uff que medo pasei. Qué fixestedes vos??  Ah vale... agora xa o entendo todo... Bueno pois imos a polo Xoves de esta semana, recordade que os nenos e nenas de 1º teredes Inglés coa Teacher Belén. Os de 1º B tamén teredes clase de Educación Física con Antón. Por certo... xa rematou o mes de Outubro... qué calendario empezaremos hoxe?? Moi ben!! Hoxe comezamos co calendario do Mes de Novembro. Algunha cousiña importante este mes que queirades contarme??? Deixovos a plantilla para que a empecedes. PLANTILLA CALENDARIO Recordade que tedes que facer o gráfico do tempo do mes de Outubro e sacar do ficheiro as fichas do día. Xa que empezamos novo mes, tamén imos comezar a traballar unha nova letra cun sonido que me gusta moito. Escoitade esta canción e descubriredes cal é: CANCIÓN Agora practicaremos o seu son e a súa grafía e así avanzar