Luns 13 de Novembro de 2023

 Moi bos días!!

Hoxe é luns e imos comezar a semana con ritmo!!

CANCIÓN OS DÍAS DA SEMANA

Agora quero que vexades este video:

VIDEO

Xa me dixeron Ana e Silvia que estabades preparando unhas pancartas para mañán que se celebra o día da diabetes e levar na andaina que ides facer por Cuntis, paréceme unha idea xenial!!


Xa sabedes que coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara.


Hoxe teño tamén algo novo que contarvos:
Imos comezar unha nova rutina  no blogue "A EMOCIÓN DO DÍA"  coa que aprenderemos que emocións existen e o seu significado.
Recordade que podedes traer un debuxo da casa sobre cada emoción para decorar o noso RECUNCHO DAS EMOCIÓNS no noso corredor!!!!!
Animádevos a participar!!!!
A emoción no día de hoxe é ....  A TERNURA

Imos falar da nosa fin de semana e traballeremos a expresión escrita no noso:

DIARIO DA FIN DE SEMANA.

E agora sí, comezamos coa asamblea,  hoxe temos de encargad@s:

En 1º A: Leticia

En 1ºB: Iria

Seguimos con esta ronda de encargados.na que estamos traballando como localizar e describir obxectos. Recordade que o encargado ou encargada escolle un obxecto da clase e te que dar pistas para que o poidamos adiviñar. Estade moi atent@s!!

Estas son as fichas de asamblea.

FICHA DO DÍA

FICHA ENCARGAD@S

Que teñades moi bo día de Luns, eu xa me despido ata mañán!!!

Disfrutade do día e ata mañán!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023