Xoves 2 de Novembro de 2023

 Moi bo día amiguit@s!!

Onde andabades metidos??

Teño que contarvos que o Martes o cole estivo repleto de seres terroríficos... Momias, vampiros, zombis... uff que medo pasei.

Qué fixestedes vos?? 

Ah vale... agora xa o entendo todo...

Bueno pois imos a polo Xoves de esta semana, recordade que os nenos e nenas de 1º teredes Inglés coa Teacher Belén.

Os de 1º B tamén teredes clase de Educación Física con Antón.

Por certo... xa rematou o mes de Outubro... qué calendario empezaremos hoxe??

Moi ben!! Hoxe comezamos co calendario do Mes de Novembro. Algunha cousiña importante este mes que queirades contarme???

Deixovos a plantilla para que a empecedes.

PLANTILLA CALENDARIO

Recordade que tedes que facer o gráfico do tempo do mes de Outubro e sacar do ficheiro as fichas do día.

Xa que empezamos novo mes, tamén imos comezar a traballar unha nova letra cun sonido que me gusta moito.

Escoitade esta canción e descubriredes cal é: CANCIÓN

Agora practicaremos o seu son e a súa grafía e así avanzar no noso proceso lectoescritor.

LECTURA S

FICHAS S

Bueno e contádeme... así que o outro día sentíchedes o medo... Cómo foi eso?? Qué partes do voso corpo vos axudan a sentir o que ocorre?? Sigamos traballando no voso " Proxecto EU".

FICHAS PROXECTO EU 

Xa me despido, ata mañán!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025