Martes 21 de Novembro de 2023

MOI BO DÍA DE MARTES!!!!!

Coma todos os martes, tedes clase de Inglés coa teacher Belén 

E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B.


Hoxe imos facer a gravación dos videossssss!!!!!!
Así que teremos que prepararnos para actuar moi ben!!!!!
Imos comezar cantando:
A actividade de gravación que imos facer está relacionada co conto que estivemos traballando estes días e co 25N.

Non me esquezo da EMOCIÓN DO DÍA!!!!!!

HOXE A EMOCIÓN DO DÍA!!!!
 A emoción do día é ....  ALIVIO

Imos xa comezar a ASAMBLEA para poder ter tempo para a gravación!!!!!
Os encargad@s de hoxe son:

1ºA LEIRE

1ºB: UXÍA

Recordade que estamos traballando como localizar e describir obxectos. Así que a encargada escolle un obxecto da clase e ten que dar pistas para que o poidamos adiviñar. Estade moi atent@s!!

Estas son as fichas de asamblea.

FICHA DO DÍA

FICHA ENCARGAD@S

Se tedes tempo de traballo individual acabade os cadernos da letra P e avanzade un pouquiño nas sumas.

Vémonos mañán!

Que teñades un feliz día!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025