Luns 6 de Novembro de 2023

 Moi bos días!!

Hoxe é luns e imos comezar a semana con ritmo!!

CANCIÓN OS DÍAS DA SEMANA



Xa sabedes que coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara.

Imos falar da nosa fin de semana e traballeremos a expresión escrita no noso:

DIARIO DA FIN DE SEMANA.

Non vos esquezades de seguir traballando cos números que como sabedes ademáis de representar unha cantidade tamén nos sirven para facer operacións como a SUMA, por certo xa non recordo QUÉ É SUMAR???

FICHAS SUMAS

E agora sí, comezamos coa asamblea,  hoxe temos de encargad@s:

En 1º A: Leo

En 1ºB: Leire

Comezamos unha nova ronda de encargados. Imos localizar e describir obxectos. O encargado ou encargada escollerá un obxecto da clase e terá que dar pistas para que o poidamos adiviñar.

Estas son as novas fichas de asamblea.

FICHA DO DÍA

FICHA ENCARGAD@S


Que teñades moi bo día de Luns, eu xa me despido ata mañán!!!

Disfrutade do día e ata mañán!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023