Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Venres 21 de Xuño de 2024

Imagen
  BOS DÍAS  A TODAS E A TODOS!!!! 💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💛💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙 HOXE É UN DÍA SUPER ESPECIAL PORQUE DAMOS A BENVIDA AO VERÁN... PERO TAMÉN DICIMOS ADEUS A ESTE CURSO 2023-2024 NO QUE FIXESTES O CURSO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA... Esperamos que este curso fora para vós tan bonito e especial como o foi para nós, as vosas profes e os vosos profes e que o gardedes no voso recordo así como o imos gardar nós e de vez en cando sacalo e poder recordar os bos momentos que temos vivido, aquí na escola, todas e todos xuntos. 💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚 Todas e todos traballastedes moito e merecedes ter un bo verán con descanso, relax e diversión ainda que esperemos que non vós esquezades de todo o que aprendistedes por iso ides levar unhas propostas que vos prepararon as profes!!!!! ASÍ QUE HOXE DAMOS COMEZO OFICIAL ÁS VOSAS VACACIÓNS DE VERÁN E PARA ISO IMOS CELEBRALO POR TODO O ALTOOOOOO!!!!! HOXE TEMOS FIESTUKIIIIII!!!!!! Pero... a

Mércores 19 de Xuño de 2024

Imagen
 Bos días!! Xa estamos na mitade da semana, hoxe é mércores Xa casi tedes todo listo... hoxe levaredes xa moitas das vosas cousiñas para casa xa que mañán se o tempo o permite iremos de andaina con todos os compis do cole e cas familias que queiran e poidan acompañarnos!! Deixovos para que vos organicedes e... xa que todos e todas axudástedes a que este curso aprendéramos e disfrutáramos propóñovos a actividade " Deixemos pegada" que vos conten as profes!! Ata mañán!!

Martes 18 de Xuño de 2024

Imagen
Bos días!!!  Hoxe é Martes e continuamos decorando carpetas para levar os traballiños para casa. Coma sempre, os Martes tedes clase de Inglés e Educación Física.                          Por certo... estou moi intrigado co misterio marítimo do Lobo Lupas... leedemo canto antes que estou desexando saber que pasa. Bueno pois deixovos cubrindo o calendario e vémonos mañán!!

Luns 17 de Xuño de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!! Hoxe sí que podemos decir que estamos na última semana de curso ... este curso de 1º de primaria no que todas e todos distes o mellor de vós!!!! Esta vai ser unha semana chea de emocións, sensacións, alegrías e moita diversión!!!!! SERÁ UNHA SEMANA MOI ESPECIALLLLL!!!!! Coma todos os días deste curso imos continuar facendo a ASAMBLEA xa que así practicamos a expresión oral e o saber escoitar e respetar ao que está falando e completaremos o calendario. Despois levaremos a cabo diferentes actividades: decorar e preparar as carpetas co noso material xogos de mesa recunchos paseos pelis algunha fiestukiiiiii, quizáis? E moitas cousas mais.... Eso sí seguimos tendo especialidades así que hoxe coma todos os luns teredes clase de Relixión con Pilar ou Proxecto competencia con Sara. Disfrutádeo e vémonos mañán!!

Venres 14 de Xuño de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Comezamos a mañán a ritmo de música CANCIÓN Coma todos os venres, hoxe tedes Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha. Que disfrutedes moito da fin de semana e volvemos o Luns coa última semana de cole!!! Despídome xapara que fagades o calendario e rematedes o pendente!!

Xoves 13 de Xuño de 2024

Imagen
  BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!  COMEZAMOS UN DÍA NOVO DESTA SEMANA!!!! Hoxe seguimos rematando cousiñas e decorando as carpetas para levar so traballiños para casa!!! Ademais coma todos os Xoves tedes clase Inglés e Educación Física. Mañán xa será Venres e rematamos a semana!! Non queda nada de nada Ánimo!!!

Mércores 12 de Xuño de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa estamos na metade da semana, hoxe é Mércores!! Xa vin o ben que estades coidando as vosas plantiñas, teñen todo o que precisan para vivir, por eso estan medrando tan rápido!! Hoxe continuamos rematando cousiñas e xa preparando as carpetas onde levares os traballiños que fixéstedes. Déixovos xa para que empecedes e así canto antes teñades todo listo, antes comezaremos cas sorpresas!! Ata mañán!!

Martes 11 de Xuño de 2024

Imagen
  BO DÍA DE NOVO!!!! Damos comezo a este 2º día da semana con sorpresaaaa!!!! Que faremos hoxe????? Pero antes temos que facer un pouco de traballo comezando pola ASAMBLEA completando calendario, despois teremos clase de Inglés con Juanma e Educación Física. Que teñades moi bo día. Vémonos mañan amig@s!!

Luns 10 de Xuño de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! Comezamos unha nova semana deste curso que xa se está rematando... Cantos días de clase nos quedan???? Seguro que estades desexando que comece o tempo de ir á praia, á piscina, ao río... Que queredes facer vós no verán?? Pois prontiño prontiño chegarán eses días... Agora aproveitando esta imaxe veraniega imos practicar a expresión oral facendo frases que describan o que vemos... Por exemplo "Nesta imaxe hai dúas nenas bañándose no mar". Quen quere dicir algunha frase???? Bueno imos comezar xa coa asamblea, completamos calendario e hoxe gustaríame que lerades un novo capítulo de Lobo Lupas. Rematade traballiños que tedes sen rematar e ademais xa sabedes tedes clase de Relixión con Pilar e Proxecto Competencial con Sara. Vémonos mañán!!

Venres 7 de Xuño de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! Chegamos ao venres e comezamos cantandoooooo!!!!! ENLACE CANCIÓN FIN  DE SEMANA Hoxe é un día moi especial porque imos ter a visita das familias para vir a coñecer o noso PROXECTO DE CENTRO "QUE QUERES SER?" nas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS!!!! Esperamos que ás familias lles guste moito o noso traballo!!!!!!! VINDE VISITARNOS!!!!!!!! DESEXAMOS  QUE PASEDES UN BONITO FIN DE SEMANA DESPOIS DESTE DÍA MARABILLOSO!!!

Xoves 6 de Xuño de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Estamos xa a Xoves, rematando a semana, estades cansos?? Diredes que non, pero con todo o que estades traballando deberíades de estar... Por certo... vexo que estades sendo moi responsables cos vermes e que vos estades facendo moitas preguntas...escoiteivos comentar que notábades diferenzas na cor dos ovos dos vermes... deixovos por aquí uns enlaces moi interesantes que atopei  que vos darán moitas respostas. GUSAFER GUSANOS DE SEDA METAMORFOSIS COMO SE HACE LA SEDA CICLO DE VIDA CICLO DE VIDA II Hoxe é Xoves e coma todos os xoves tedes clase de Inglés con Juanma e Educación Física con Antón. Bueno xa vos deixo que vos poñades mans á obra xa que sei que ainda vos faltan cousiñas por rematar. Ata mañán!!

Mércores 5 de Xuño de 2024

Imagen
 Bos días!! Xa estamos na metade da semana e ainda con moitas cousas que facer para o gran día de portas abertas, nas que as vosas familias poderán vir a experimentar e ver algunhas cousas que fixemos este curso rondando o tema de centro " Quero ser..." Así que hoxe despois do calendario organizarémonos para preparar cousiñas para ese día tan espaecial para tod@s nós!! Deixovos xa que tedes moito choio!!

Martes 4 de Xuño de 2024

Imagen
  Bos días!!! Estamos a Martes e coma sempre, tedes clase de Inglés e Educación Física. Hoxe continuaremos rematando traballiños e preparando a Xornada de portas abertas, pero tamén me gustaría que lerades un capítulo novo do noso amigo Lobo Lupas. Pasádeo moi ben,e vémonos de novo mañán!!

Luns 3 de Xuño de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE LUNS!!!!! LUNS QUE COMEZAMOS DÁNDOLLE A BENVIDA AO MES DE XUÑO!!!!! Con este mes de Xuño comezamos unha semana na que traballaremos para a celebración Do Día De Portas Abertas para dar a coñecer ás familias o noso Proxecto de Centro "QUE QUERO SER...?" Recordades todas as cousas que quixemos ser este curso???? Pois teremos que organizarnos para contarllo todo ás familias!!!!! P ero ademáis hoxe coma todos os luns teredes clase de Relixión con Pilar e Proxecto competencial con Sara. Tamén temos que ir rematando traballiños que temos nas bandexas, xa que estamos na recta final deste curso. Imos xa coa asamblea, temos que comezar calendario novo...e  recordade completar o diario da fin de semana contando algunha cousiña que fixérades practicando así a expresión escrita.