Luns 3 de Xuño de 2024

 MOI BO DÍA DE LUNS!!!!!

LUNS QUE COMEZAMOS DÁNDOLLE A BENVIDA AO MES DE XUÑO!!!!!
Con este mes de Xuño comezamos unha semana na que traballaremos para a celebración Do Día De Portas Abertas para dar a coñecer ás familias o noso Proxecto de Centro "QUE QUERO SER...?"
Recordades todas as cousas que quixemos ser este curso????
Pois teremos que organizarnos para contarllo todo ás familias!!!!!
Pero ademáis hoxe coma todos os luns teredes clase de Relixión con Pilar e Proxecto competencial con Sara.
Tamén temos que ir rematando traballiños que temos nas bandexas, xa que estamos na recta final deste curso.
Imos xa coa asamblea, temos que comezar calendario novo...e recordade completar o diario da fin de semana contando algunha cousiña que fixérades practicando así a expresión escrita.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023