Luns 10 de Xuño de 2024

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Comezamos unha nova semana deste curso que xa se está rematando...
Cantos días de clase nos quedan????
Seguro que estades desexando que comece o tempo de ir á praia, á piscina, ao río...
Que queredes facer vós no verán??
Pois prontiño prontiño chegarán eses días...
Agora aproveitando esta imaxe veraniega imos practicar a expresión oral facendo frases que describan o que vemos...
Por exemplo "Nesta imaxe hai dúas nenas bañándose no mar".
Quen quere dicir algunha frase????
Bueno imos comezar xa coa asamblea, completamos calendario e hoxe gustaríame que lerades un novo capítulo de Lobo Lupas.
Rematade traballiños que tedes sen rematar e ademais xa sabedes tedes clase de Relixión con Pilar e Proxecto Competencial con Sara.
Vémonos mañán!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023