Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Luns 29 de Abril de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa de volta da fin de semana comezamos unha semana nova de cole. Que tal pasastedes a fin de semana????? Foi unha fin de semana cun tempo un pouco revolto... de repente parecía que estabamos outra vez no inverno... pero en realidade así é a primavera, con tempo moi inestable. Falando de estacións do ano imos comezar este día cantando a canción dos meses e as estacións... ENLACE CANCIÓN MESES Non vos esquezades contar o que fixéstedes esta fin de semana e completar o voso diario practicando a expresión escrita. Ei, e que tal están os vermes?? Algunha novidade?? Deixovos por aquí o caderno que iredes completando co que observedes cada día!! VERMES Por certo... teño gañas de seguir escoitándovos lendo O lobo Lupas que con tanta actividade da semana do libro non líchedes nin un capítulo en toda a semana, así que poñédevos as pilas que estou desexando coñecer máis misterios de ese Lobo detective!! Imos xa coa ASAMBLEA, quen será hoxe @ encargad@? Ata mañán!! Ahhh non... mañán i

Venres 26 de Abril de 2024

Imagen
 Bo día!! Hoxe sí, é o último dia de cole desta semana, é Venres e damos comezo á fin de semana. Despidámola semana con ritmo CANCIÓN FIN DE SEMANA Recordade que os venres tedes clase de Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha. Xa me vou despedindo que tedes moito traballo por facer. Vémonos o Luns amiguiñ@s!!

Xoves 25 de Abril de 2024

Imagen
 Moi bos dias!! Xa estamos rematando a semana. Bueno pois hoxe, coma todos os xoves tedes  Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Quén é hoxe @ encargad@? Imos comezar a mañá cun ditado de números e practicando as sumas. DITADO NUMÉRICO Despois seguiredes traballando os animais. Deixovos este video que nos fala de outra clasificación deles. CICLO DE VIDA  Xa vin que estades acabando as maquetas de Cuntis, estanvos quedando chulísimas, non me imaxino o que faredes con esos libros de expurgo.. Ata mañán!!

Mércores 24 de Abril de 2024

Imagen
 Bos días!! Que tal estades hoxe?? Chegamos á metade da semana. Ademáis hoxe é un día especial xa que hoxe 24 de Abril e conmemoramos o día mundial da fibrosis quística.  Imos ver este video FQ Continuemos cas rutinas. Quén é hoxe @ encargad@? Vémonos mañán amiguiñ@s!!

Martes 23 de Abril de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA 23 DE ABRIL!!!! Hoxe é o DÍA DO LIBRO!!!! Cada ano no día 23 de abril celébrase o día do libro pola grande importancia e beneficios que ten a lectura. Como xa sabedes nós imos celebralo saíndo ás rúas da nosa vila para compartir lecturas con outros alumnos e alumnas do noso centro e tamén con xente da rúa que queira unirse a nós!!!!!! Seguro que será unha experiencia moi bonita e agradable... Deixovos esta canción que me gusta moito!! CANCIÓN Ademáis dende o equipo de biblioteca propóñennos esta activaidade, a ver qué vos parece EXPURGACIÓN Pasade moi bo día e vémonos mañán!!

Luns 22 de Abril de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS E MOI BO COMEZO DE SEMANA!!!!!! Arrancamos a case, case derradeira semana deste mes de abril... Por que digo "case, case..."????? Cantos días faltan para que remate o mes??? Por certo... sabedes que mañá será 23 de abril???? Que ten de especial este día????? Hoxe imos traballar en algo divertido para utilizalo mañá día 23 de abril.... Recordade que os Luns algúns tedes clase de Relixión con Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. Ademais falaremos da vosa fin de semana e practicaremos a expresión escrita no diario da fin de semana. Seguiredes traballando os ANIMAIS. Déixovos este video para que recordedes algunha cousiña que xa vístedes. ANIMAIS HETERÓTROFOS Quén será hoxe @ encragad@? Agora xa me despido, vémonos mañán

Venres 19 de Abril de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa chegamos ao final desta semana. Rematarémola cantando con enerxía!! CANCIÓN Recordade que os Venres tedes clase de Música ca profe Geni Quén é hoxe @ encargad@?? Coa súa axuda completaremos calendario e despois seguiremos co caderno dos € aqueles que ainda non o rematástedes, e avanzaremos no coñecemento dos seres vivos que nos rodean, hoxe centrándonos noutra clasificación dos animais según a súa alimentación. ALIMENTACIÓN DOS ANIMAIS ANIMAIS VERTEBRADOS E para rematar a ver si por fin hoxe comezades a facer a maqueta de Cuntis que estou desexando vela!! Que teñades unha estupenda fin de semana e vémonos o Luns!!

Xoves 18 de Abril de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Qué tal vos atepodes hoxe?? Xa está rematando a semana, contádeme, gustouvos a actividade de onte de Educación Física na rúa?? Bueno pois hoxe, coma todos os xoves tedes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Xa escoitei onte que en torno ao proxecto Eu estivéstedes falando das cousas que vistedes polas vosas rutas por Cuntis e que descubrístedes moito do voso entorno. Imos repasar con estos video o que falábades sobre SERES VIVOS E INERTES OS ANIMAIS DISFRUTADE MOITO DESTE DÍA E VÉMONOS MAÑÁN!!

Mércores 17 de Abril de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE MÉRCORES!!!!! Comezamos un mércores especial xa que hoxe é o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA!!!!! Sabedes que quere dicir isto????? Pois claro!!!!  Esta mañá teremos un tempo de actividades deportivas nas rúas da nosa vila de Cuntis!!!! Pero antes de nada imos comezar o día c@ nos@ encargad@ de hoxe, contádeme, quén será?? Facede o calendario e continuade coas rutinas. Eu despídome ata mañán!! Que o disfrutedes a topeeee!!!

Martes 16 de Abril de 2024

Imagen
 Bos días nenos e nenas!! Hoxe e Martes e  tedes clase de Inglés co teacher Juanma e Educación Física con Antón os de 1º B e con Maricha os de 1ºA. Onte fixéstedes unha nova ruta pola vosa comunidade!! Contádeme qué ruas percorréstedes? Coñecíades algunha?? Bueno que me siga contando @encargad@, a quen lle toca hoxe?? CUNTIS NO PLANO Ademáis avanzaredes en lectura de Lobo Lupas. Vémonos mañán amiguiñ@s!!!

Luns 15 de Abril de 2024

Imagen
 Bos días!! Comezamos unha nova semana e quincena. Qué é unha quincena?? Coma todos os luns algúns tedes clase de relixión con Pilar e outros proxecto competencial con Sara. Ademáis falaremos da fin de semana e practicaremos a expresión escrita no noso diario da fin de semana. Recordades o abecedario?? Repasémolo cantando ABC A quen lle toca hoxe de encargad@?? Ata mañán amig@s!!

Venres 12 de Abril de 2024

Imagen
  E xa chegamos ao final da semana!! Hoxe é venres!!! Quen será hoxe @ encargad@?? Repasamos o abecedario cantando!! O ABECEDARIO Coma todos os Venres hoxe  teredes clase de Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha. Xa vos deixo para que completedes o calendario e me contedes a ruta que seguístedes onte. CUNTIS NO PLANO Que teñades moi boa fin de semana e vémonos de novo o Luns!!

Xoves 11 de Abril de 2024

Imagen
 Bos días!! Xa chegamos ao Xoves e coma sempre  os nenos e nenas de 1º tedes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Imos xa coa asamblea, que estou desexando saber qué ruta seguístedes onte, pero antes imos recordar o abecedario con esta canción para que poidades ir ordeando os vosos apelidos e saber a quen lle toca cada dia ser @ encargad@. CANCIÓN Agora sí deixovos aqui a ficha para a asamblea: CUNTIS NO PLANO Ata mañán!!

Mércores 10 de Abril de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Xa estamos na mitade da semanaxa que hoxe é MÉRCORES!! Comezamos nova rutina de encargad@s. Nesta ocasión seguiremos a lista de clase para que cada día saibades quen será @ encargad@. Nesta nova rutina @ encargad@ terá unha misión moi especial xa que será @ nos@ guía. Qué quererá dicir esto?? Xa vin que estades traballando a localidade, CUNTIS  e que estades traballando os planos e encantaríame que cada día @ encargad@ ao que lle toque me conte qué ruta seguístedes, qué rúas percorristedes e que elementos da paisaxe observáchedes. VIDEO PAISAXES Así que comecemos ca asamblea, completade o calendario e contádeme que ruta fixéstedes onte e completade a ficha resumo co que recorde @ encargad@ FICHA PLANO DE CUNTIS Despois seguide co traballo das moedas, as sílabas... Vémonos mañán amig@s!!

Martes 9 de Abril de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE MARTESSSSSS!!!! Hoxe comezamos este día falando de algo moiiiii importante!!!! A IMPORTANCIA DO COIDADO DO MATERIAL!!!! Imos comezar visualizando un video... ENLACE VIDEO COIDA O TEU COLE Que pasa neste video??? Falemos sobre el... Agora imos ver unha imaxe e me contades o que vedes... ENLACE PÓSTER COIDEMOS O NOSO COLE E despois desta benvida tan importante recórdovos que todos os martes tedes clase de Inglés con teacher Juanma e Educación Física con Antón os de 1º B e con Maricha os de 1ºA. Seguiremos practicando a nosa moeda contando, clasificando... e moitas cousas máis. Ata mañán amiguiñ@s!!

Luns 8 de Abril de 2024

Imagen
 Moi bo día!! Comezamos unha nova semana conmemorando o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE  que foi onte Domingo 7 de Abril. Mirade este video que vos explica un pouco o que se conmemora neste día VIDEO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE XOGO SAÚDE Coma todos os luns, hoxe teredes clases de Relixión con Pilar e Proxecto competencial con Sara. Ademáis se o tempo nolo permite iremos dar unha volta por Cuntis para recoller información e seguir co noso proxecto sobre a Localidade que estamos traballando. Mañán volvemos a vernos!!

Venres 5 de Abril de 2024

Imagen
 Bo día amiguiñ@s!!! Xa estamos a Venres, cantemos todos xuntos!! CANCIÓN Coma todos os Venres hoxe  teredes clase de Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha.                 Seguimos traballando cos cartos e                          coñecendo cousiñas sobre a nosa Localidade. Que disfrutedes deste último día da semana e sede moi felices na fin de semana coas vosas familias!!

Xoves 4 de Abril de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Hoxe é Xoves e coma todos os xoves  os nenos e nenas de 1º tedes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Por certo... onte os nenos e nenas de 1º B andivereon coas mans na pasta!!! jajajaja sabedes o que se lle chama pasta non?? Imos ver un par de videos e despois continuaremos aprendendo cousiñas sobre o EURO,  a nosa moeda. QUÉ É O DIÑEIRO? MONEDAS E BILLETES Aprendede moito e vémonos mañán que xa remata a semana!!!

Mércores 3 de Abril de 2024

Imagen
 Moi bo día!! Continuamos co Mércores desta semana!! Completamos o calendario, qué tempo temos hoxe?? Ademais retomamos o proxecto Eu que estamos traballando, quédanos falar da LOCALIDADE. Que é a localidade?? FICHAS A LOCALIDADE Tamén temos que seguir traballando as familias dos números, tócanos comezar ca FAMILIA DO 60 VIDEO Que teñades bo día!! Ata mañán!!

Martes 2 de Abril de 2024

Imagen
BOS DÍAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!  BENVIDOS DE NOVO AO COLE DESPOIS DESTES DÍAS DE DESCANSO... HOXE COMEZAMOS A ÚLTIMA ETAPA DESTE CURSO, O 3º TRIMESTRE!!!!! SABEDES QUE QUERE DICIR 3º TRIMESTRE?              Tamén hai outros cambios como por exemplo que xa estamos na primavera e que tamén pasamos o cambio horario!!!!! Estamos xa no horario de verán; iso significa que a partires de agora vai haber moitas mais horas de luz, sobre todo pola tarde-noite... pero non debedes confundirvos e pensar que é cedo para ir durmir xa que isto do cambio horario fai que o noso cerebro confunda un pouco a hora que é... e pensamos que aínda non é hora de deitarse precisamente porque vemos luz!!!!                   E con este novo comezo tamén toca estrear calendario do mes de ABRIL cun día tan especial como hoxe porque o 2 de abril é o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO! Imos visualizar un video moi especial que nos axudará a entender o que é o AUTISMO... ENLACE VIDEO ENTENDIENDO EL AUTISMO É importante ter sempre e