Martes 2 de Abril de 2024

BOS DÍAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!! 

BENVIDOS DE NOVO AO COLE DESPOIS DESTES DÍAS DE DESCANSO...

HOXE COMEZAMOS A ÚLTIMA ETAPA DESTE CURSO, O 3º TRIMESTRE!!!!!
SABEDES QUE QUERE DICIR 3º TRIMESTRE?
            
Tamén hai outros cambios como por exemplo que xa estamos na primavera e que tamén pasamos o cambio horario!!!!!
Estamos xa no horario de verán; iso significa que a partires de agora vai haber moitas mais horas de luz, sobre todo pola tarde-noite... pero non debedes confundirvos e pensar que é cedo para ir durmir xa que isto do cambio horario fai que o noso cerebro confunda un pouco a hora que é... e pensamos que aínda non é hora de deitarse precisamente porque vemos luz!!!!   
              
E con este novo comezo tamén toca estrear calendario do mes de ABRIL cun día tan especial como hoxe porque o 2 de abril é o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO!
Imos visualizar un video moi especial que nos axudará a entender o que é o AUTISMO...
É importante ter sempre en conta que cada persoa é diferente e que cada cerebro tamén é diferente, e por iso mesmo debemos entender que todas as persoas do mundo mundial somos PERSOAS MARABILLOSAS!!!!!!!!
💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚
Coma todos os martes hoxe teredes Inglés co teacher Juanma e Educación Física con Antón os de 1ºB e con Maricha os de 1ºA
Falaremos das vacacións de Semana Santa practicando a expresión escrita e retomaremos a lectura do Lobo Lupas.
Vémonos mañán amiguñ@s!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023