Luns 29 de Abril de 2024

 Bos días!!

Xa de volta da fin de semana comezamos unha semana nova de cole.

Que tal pasastedes a fin de semana?????

Foi unha fin de semana cun tempo un pouco revolto... de repente parecía que estabamos outra vez no inverno... pero en realidade así é a primavera, con tempo moi inestable.
Falando de estacións do ano imos comezar este día cantando a canción dos meses e as estacións...
Non vos esquezades contar o que fixéstedes esta fin de semana e completar o voso diario practicando a expresión escrita.
Ei, e que tal están os vermes?? Algunha novidade??
Deixovos por aquí o caderno que iredes completando co que observedes cada día!!
Por certo... teño gañas de seguir escoitándovos lendo O lobo Lupas que con tanta actividade da semana do libro non líchedes nin un capítulo en toda a semana, así que poñédevos as pilas que estou desexando coñecer máis misterios de ese Lobo detective!!
Imos xa coa ASAMBLEA, quen será hoxe @ encargad@?
Ata mañán!! Ahhh non... mañán ides de excursión!! Que o pasedes en grande, contádesme á volta o xoves!!!
Chaitoooo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023