Moi bos días!!
Xa estamos na mitade da semana xa que hoxe é MÉRCORES!!
Desexámonos os bos dias cantando??
ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Completamos o calendario debuxando o tempo e escribindo a palabra e o número do día.
T
RABALLO EN ESTACIÓNS: 5 estacións polas que tod@s pasaredes ao longo da semana: faremos compras no super, comprensións lectoras, expresión escrita, cálculo, práctica das horas...
LECTOESCRITURA:
Seguimos traballando na libreta das letras.
EDUCACIÓN FÍSICA antes do recreo co profe Antón.
LECTURA GALEGO. Hoxe seguimos a lectura deste libro e traballaremos a comprensión lectora.
COÑECEMENTO: Por fin temos as fotos da nosa investigación asi que hoxe continuamos co proxecto.Moi bo día de Mércores e ata mañán!!
Comentarios
Publicar un comentario