Moi bos días!!
Xa estamos na mitade da semana xa que hoxe é MÉRCORES!!
ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Completamos o calendario debuxando o tempo e escribindo a palabra e o número do día.
TRABALLO EN ESTACIÓNS: 4 estacións polas que tod@s pasaredes ao longo da semana:
- faremos compras no super.
- comprensións lectoras.
- expresión escrita.
- práctica das horas e rutinas horarias.
LECTOESCRITURA:
Seguimos traballando na libreta das letras. Estamos traballando o sonido e a letra "LL"
EDUCACIÓN FÍSICA antes do recreo co profe Antón.
LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o luns.Moi bo día de Mércores e ata mañán!!
Comentarios
Publicar un comentario