Luns 4 de Maio de 2026

 MOI BO DÍA DE LUNS!!!!

Qué tal vos foi nestos 3 días de descanso????


Esperamos que foran marabillosos e que ademais de disfrutar do tempo libre tamén collerades enerxías para o último empuxón deste curso...

Hoxe dámoslle a benvida ao novo mes... MAIO!!!!
Recordade que hoxe estreamos calendario!!!!!
Imos dar comezo ás actividades que faremos neste día... 


     ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
   CALENDARIOEscribimos a data, a palabra e o número do día e debuxamos o tempo.
 DIARIO DE FIN DE SEMANA. Escribimos sobre como foi a nosa fin de semana.
     
 PROBLEMAS MATEMÁTICOS:  Que é un problema?? E un problema matemático? 
Todos os problemas teñen solución así que imos traballar moito para solucionar todos os problemas que nos poidan xurdir.
LECTURA El Lobo Lupas.

PROXECTO COMPETENCIAL coa profe Silvia e RELIXIÓN con Pilar.
EDUCACIÓN FÍSICA co profe Antón.
TRABALLO EN ESTACIÓNS:
Haberá 5 estacións polas que tod@s pasaredes ao longo da semana: faremos compras no super, comprensións lectoras, expresión escrita, cálculo, e moito mais...

QUE TEÑADES UN BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!
BONITO DÍA DE LUNS

Ata mañá!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025