Luns 11 de Maio de 2026

Moi bos días!!

Comezamos unha nova semana do mes de Maio.

Pero non é unha semana calquera, é unha semana chea de momentos divertidos e de aprendizaxes novos.

Sabedes por qué??

O Xoves iremos de excursión a...


Tedes ganas?? Qué creedes que faremos ali??
Ademais...

Esta semana adicarémola ao Día Das Letras galegas, que é o 17 de Maio, Domingo.

Este ano adicarémolo a... BEGOÑA CAAMAÑO


Queredes coñecer cousiñas sobre ela??

 BEGOÑA CAMAÑO 

BIOGRAFÍA MUSICAL

Despois desta introdución, veremos o que faremos neste día de Luns:


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Escribimos a data, a palabra e o número do día e debuxamos o tempo.

 DIARIO DE FIN DE SEMANA. Escribimos sobre como foi a nosa fin de semana.
LECTURA El Lobo Lupas.

PROXECTO COMPETENCIAL coa profe Silvia e RELIXIÓN con Pilar.
EDUCACIÓN FÍSICA co profe Antón.
TRABALLO EN ESTACIÓNS:
Haberá 5 estacións polas que tod@s pasaredes ao longo da semana: faremos compras no super, comprensións lectoras, expresión escrita, cálculo, e artistadas polas letras...

QUE TEÑADES UN BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!
BONITO DÍA DE LUNS

Ata mañá!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Martes 23 de Setembro de 2025