Xoves 30 de Abril de 2026

 BO DÍA DE XOVES!!!!!

UN XOVES QUE NOS DA ENTRADA Á FIN DE SEMANA, É COMA SE FORA VENRES,ASI QUE... QUÉ TAL SE COMEZAMOS COA NOSA CANCIÓN E BAILE FAVORITO PARA O DÍA DE HOXE??? 
JUERNES!!!!
A que vos apetece????
Comezamos un día no que toca despedir ao mes de ABRIL....
Toca rematar o calendario deste mes e o próximo día comezaremos o do mes de .... MAIO!!!!!

Hoxe é un xoves especial xa que hoxe é 30 de Abril e remata este mes pero mañán estaremos xa no mes de Maio, un mes que comeza con 2 conmemoracións moi importantes:
Sabedes o que é o acoso??.
 Deixovos aquí un par de videos para que vexades e reflexionedes:


Sónanvos estas ramiñas de xesta que se empezan a ver colgadas nas portas, nos coches... sabedes por qué?

Din que no mes de maio, moitas persoas espantan o mal utilizando xestas, asi que a partir de hoxe faremos algunha actividade con elas  para que quede constancia de que o noso cole loita contra o acoso...
Utilizaremos xestas para decorar o cole e así ESPANTAR O ACOSO ESCOLAR!!!!!
        


ASAMBLEAsaúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Debuxamos o tempo e anotamos a palabra e o número do día e facemos a gráfica deste mes de abril así como o dictado final de palabras e de números protagonistas.
 Continuamos o traballo coas letras na nosas libretas. 
 Rematamos o que temos na caixa de traballo sen rematar das estacións desta semana.
 Despois do recreo tedes MÚSICA ca profe Geni.

QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!
Recordade que volvemos o luns!!!!
Que teñades moi boa fin de semana!!!!
💙💚💛💜

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025