Xoves 23 de Abril de 2026

  MOI BO DÍA 23 DE ABRIL!!!!

Hoxe é o DÍA DO LIBRO!!!!
Cada ano no día 23 de abril celébrase o día do libro pola grande importancia e beneficios que ten a lectura.
Imos empezar vendo un libro sobre a historia dos libros.
Agora cantemos esta canción que tanto me gusta !!
Hoxe as nosas actividades rodarán todas o día do libro. Faremos artistadas!!!


ASAMBLEAsaúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Debuxamos o tempo e anotamos a palabra e o número do día.
EXPOSICIÓN ORAL:
Continuamos coas exposicións orais dos vosos Lapbooks. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre a profesión e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
 Despois do recreo tedes MÚSICA ca profe Geni.

QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!

💙🍀💚🍁💛🌿💜🍂

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025