Mércores 22 de Abril de 2026
Moi bos días!!
Xa estamos na mitade da semana xa que hoxe é MÉRCORES!!
Seguimos na Semana do libro facendo actividades relacionadas cos vosos contos favoritos. Pero ademais hoxe imos facer unha recollida de datos sobre o que opinades, adiante!!
Apetécevos antes escoitar as cancións relacionadas cos contos??
Continuamos coas exposicións orais dos vosos Lapbooks. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre a profesión e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
Seguimos traballando na libreta das letras.
Moi bo día de Mércores e ata mañán!!








Comentarios
Publicar un comentario