Martes 28 de Abril de 2026
Bos días

Comezamos este día cantando e recordando os meses e as estacións do ano.
ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
Continuamos coas exposicións orais dos vosos Lapbooks. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre a profesión e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
TRABALLO EN ESTACIÓNS: Haberá 5 estacións polas que tod@s vades a pasar ao longo da semana: faremos compras no super, comprensións lectoras, expresión escrita, cálculo, práctica das horas...
LECTOESCRITURA: Seguimos traballando na libreta das letras.
NUMERACIÓN: Traballamos o anterior e o posterior dos números.
LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o xoves.
Ata mañá!!!




Comentarios
Publicar un comentario