Martes 21 de Abril de 2026

Bos días


Comezamos este día cantando unha canción polo DÍA DO LIBRO que é o 23 de Abril e ao que adicaremos esta semana con actividades divertidas!!!!!
Hoxe algún de vos falará do seu libro favorito.

ENLACE CANCIÓN UN LIBRO

ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.

CALENDARIO. Completamos o calendario debuxando o tempo e escribindo a palabra e o número do día.
EXPOSICIÓN ORAL:
Continuamos coas exposicións orais dos vosos Lapbooks. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre a profesión e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
TRABALLO EN  ESTACIÓNS: Haberá 5 estacións pola que tod@s vades a pasar ao longo da semana: faremos compras no super, comprensións lectoras, expresión escrita, cálculo, práctica das horas...

LECTOESCRITURA: 

Seguimos traballando na libreta das letras. Hoxe centrarémonos no sonido r e a súa grafía.

LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o xoves.

Como todos os martes tedes clase de Inglés coa teacher Rocío despois do tempo de ler que por certo os martes é especial xa que a facemos con Adam.

QUE TEÑADES UN DÍA DE MARTES MARABILLOSO!!!!!!

Ata mañá!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025