Martes 14 de Abril de 2026

 Bos días!!


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Completamos o calendario debuxando o tempo e escribindo a palabra e o número do día.
EXPOSICIÓN ORAL:
Continuamos coas exposicións orais dos vosos Lapbooks. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre a profesión e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.

ÁMBITO MATEMÁTICO: 

QUÉ HORA É? Continuamos traballando a medida do tempo e a saber en que hora vivimos.LECTOESCRITURA: 

Seguimos traballando na libreta das letras. Hoxe centrarémonos no sonido B/V e a súa grafía.

Como todos os martes tedes clase de Inglés coa teacher Rocío despois do tempo de ler que por certo os martes é especial xa que a facemos con Adam.

QUE TEÑADES UN DÍA DE MARTES MARABILLOSO!!!!!!

Ata mañá!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025