Luns 27 de Abril de 2026
BO DÍA A TODAS E A TODOS E BO COMEZO DE SEMANA!!!!
Voltamos ao cole na derradeira semana deste mes de abril...
Sabedes cantos días quedan?E que mes chega despois de abril?
Ademais esta semana é cortiña xa que rematámola no Xoves.
Hoxe ides ao centro de día a compartir cos avoiños e avoiñas historias para conmemorar así o "Día do neno" que coincide con esta última semana de Abril.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Imos ver as tarefas que faremos neste día si temos tempo...
EXPOSICIÓN ORAL: Continuamos coas exposicións orais dos vosos Lapbooks. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.A continuación completaremos a ficha sobre a profesión e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
PROXECTO COMPETENCIAL coa profe Silvia e RELIXIÓN con Pilar
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS
Ata mañá!!!






Comentarios
Publicar un comentario