Mércores 11 de Marzo de 2026

 MOI BO DÍA DE MÉRCORES!!!!!

Xa estamos en marcha nesta semana do mes de marzo, mes do inverno e da ..... 🌸🌹🌺🌻🌼... e xa non deben faltar moitos días para o cambio de estación, non? Cantos quedan????
Moi beeeennnnnn!!!!! 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Cantas gañas de que chegue o bo tempo!!!!!!!

E xa que estamos falando dos meses e das estacións, este día merece unha canción!!!! 


RECORDADE QUE ESTA SEMANA ESTAMOS CONMEMORANDO O DÍA 8 DE MARZO… UN DÍA MOI IMPORTANTE… 

“8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”
Imos ver unha historia e despois faremos un traballo relacionado con ela…


Poñémonos xa coas tarefas para este día...

ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Escribimos a data, a palabra e o número do día e debuxamos o tempo.
AUTODITADOS: continuamos a escritura de frases sobre mulleres importantes. 
ÁMBITO MATEMÁTICO: 
 Seguimos traballando cos cartos recoñecendo as moedas e os billetes que temos para poder facer trueques e negocios.
EDUCACIÓN FÍSICA antes do recreo co profe Antón.  
 LECTURA GALEGO. Hoxe seguimos a lectura deste libro e traballaremos a comprensión lectora.

COÑECEMENTO: Continuamos co traballo sobre a LOCALIDADE.

Que disfrutedes moito deste Mércores e ata mañán!!      
      


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025