Martes 10 de Marzo de 2026

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!

Hoxe é Martes e durante esta semana estamos conmemorando o día 8 de marzo no cole, recordades por qué se conmemora este día????
A quen se lle adica?
Imos comezar visualizando un video que nos recorda a importancia deste día...

ENLACE VIDEO 8 DE MARZO

Despois no tempo de traballo continuaremos falando das mulleres importantes da nosa vida e empezaremos o traballo para o mural.


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Comezamos novo calendario e debuxamos o tempo, a palabra e o número do día.
DIARIO DE FIN DE SEMANA. Escribimos sobre como foi a nosa fin de semana.
NUMERACIÓN: Continuamos traballando nas familias de números.
ÁMBITO MATEMÁTICO: 
 Seguimos traballando cos cartos recoñecendo as moedas e os billetes e aprendendo a contalos e saber o que temos 
COÑECEMENTO: Continuamos co proxecto do mundo que nos rodea: " A LOCALIDADE".

 Lectoescritura Seguimos traballando na libreta das letras. Centrándonos estos días nas sílabas das palabras.
Como todos os martes tedes clase de Inglés coa teacher Rocío despois do tempo de ler que por certo os martes é especial xa que a facemos con Adam.

QUE TEÑADES UN DÍA DE MARTES MARABILLOSO!!!!!!

Ata mañá!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025