Luns 9 de Marzo de 2026

Bos días amiguiñ@s!!!

Empezamos unha nova semana!!

Polo tanto hoxe é Luns... Luns 9 de Marzo de 2026.

Esto quere decir que onte... que dia foi??

8 de Marzo, unha data especial que conmemoraremos, sabedes por qué??

Mirade este VIDEO

        Ao longo da semana faremos actividades                             relacionadas con este día  


Vexamos este conto sobre a IGUALDADE 
E agora respondede a estas preguntas...
  • Coñecedes alguén que desempeñe unha profesión que é considerado a algún xénero en concreto??
  • Pensades que todas as persoas somos válidas para desenvolver as mesmas profesións ou pola contra pensades que hai profesións mais para homes e profesións mais para mulleres?
Escoitade esta canción
Mirade este VIDEO 
Estou seguro de que coñecedes a moitas mulleres dignas de eloxiar e que vos gustaría recordar.
Imos facer actividades relacionadas con elas.
Para comezar, hoxe viaxaremos co conto:
📖 “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?”


Unha historia perfecta para reflexionar tras o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e para aprender que cada quen pode ser protagonista da súa propia aventura.

Traballaremos sobre este conto e ao longo da semana realizaremos unha actividade especial xunto cos compañeiros e compañeiras de Segundo.

Agora imos ver a rutina do día de hoxe:


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Comezamos novo calendario e debuxamos o tempo, a palabra e o número do día.
DIARIO DE FIN DE SEMANA. Escribimos sobre como foi a nosa fin de semana.

ÁMBITO MATEMÁTICO: 
 Seguimos traballando cos cartos recoñecendo as moedas e os billetes e aprendendo a contalos e saber o que temos 

PROXECTO COMPETENCIAL coa profe Silvia e RELIXIÓN con Pilar
LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o mércores.
EDUCACIÓN FÍSICA co profe Antón           
QUE TEÑADES UN BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025