Luns 16 de Marzo de 2026

  Moi bos días nenos e nenas!!

Hoxe comezamos unha nova semana. 
Unha semana especial xa que é unha semana de tres días, xa que xoves e venres non temos cole.
Así que empecémola con enerxía cantando xuntos esta canción que tanto nos gusta:
Imos agora a ver o que faremos hoxe:

ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Comezamos novo calendario e debuxamos o tempo, a palabra e o número do día.
DIARIO DE FIN DE SEMANA. Escribimos sobre como foi a nosa fin de semana.
COÑECEMENTO: Continuamos co traballo sobre a LOCALIDADE. Hoxe imos ir de paseo ( si o tempo nolo permite) para seguir descubrindo o que hai na nosa localidade.
Fixádevos ben en todo!!

LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o mércores.
 ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos o traballo sobre este conto, imos a recordalo.  ENLACE CURTAMETRAXE “EU VOU COMIGO”


EDUCACIÓN FÍSICA co profe Antón           
QUE TEÑADES UN BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025