Xoves 5 de Febreiro de 2026

        MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!

Hoxe comezamos con moito traballo manual xa que xa estamos casi casi na semana do entroido!!!!

ESTAMOS EN MISIÓN ENTROIDO!!!


 IMOS COMEZAR A RITMO DE UXÍA LAMBONA COA CANCIÓN "ENTROIDO"

HOXE NON SEI O TEMPO QUE TEREDES DE FACER A RUTINA XA QUE TEDES A CLASE PATAS ARRIBA CO TALLER DE DISFRACES.
DE TODAS FORMAS DEIXOVOS AQUI O QUE PODEDES FACER SI TEDES UN RATIÑO.





ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.

  CALENDARIO. Debuxamos o tempo e anotamos a palabra e o número do día.
 EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos coas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@. 

ÁMBITO MATEMÁTICO: Seguimos practicando a suma e resta. Acordádevos de utilizar o ascensor si vos fai falta e tamén os dediños, que son os nosos aliados no cálculo.
 Lectoescritura Seguimos traballando na libreta das letras. Estamos co sonido k e as suas letras c, k, q.

 Despois do recreo tedes música ca profe Geni.

QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!

💙🍀💚🍁💛🌿💜🍂



Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025