Xoves 12 de Febreiro de 2026

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

E cómo continúa o tempo????? 

☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔☔

ONTE ENTEREIME DE QUE O MECO ESTÁ ENFADADO... 
VÓS SABEDES ALGO DISO????


Parece ser que como o tempo non da tregua o cole tivo que tomar a decisión de adiar a celebración de entroido para a próxima semana, xusto despois dos días que temos de descanso.
O MECO enfadouse porque... claro, el xa contaba con marchar de vacacións hoxe xoves e resulta que con esta decisión vai ter que traballar un día máis non seus MANDADOS...e mañán viredes disfrazados como queirades.
Imos escoitar esta canción a ver si lle gusta e se anima un pouco.


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.

  CALENDARIO. Debuxamos o tempo e anotamos a palabra e o número do día.
 EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos coas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@. 

ÁMBITO MATEMÁTICO: Seguimos practicando a suma e resta. Acordádevos de utilizar o ascensor si vos fai falta e tamén os dediños, que son os nosos aliados no cálculo.
 Lectoescritura Seguimos traballando na libreta das letras. Estamos co sonido k e as suas letras c, k, q.
 Seguimos preparando cousiñas para o novo disfraz " Diverso".
 Despois do recreo tedes música ca profe Geni.

QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!

💙🍀💚🍁💛🌿💜🍂


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025