Venres 13 de Febreiro de 2026
MOI BO DÍA DE VENRESSSSSSSS!!!!!!!
Chegou o día que nos marca a FIN DE SEMANA e por iso imos comezalo escoitando e cantando a nosa canción...
Hoxe sería un venres de celebración de entroido así que imos cantar a canción de UXÍA LAMBONA do O ENTROIDO
QUÉ TEMOS PREPARADO PARA HOXE???
EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos coas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
Traballamos nas tarefas que quedan sen rematar e aquelas que non demos rematado terán que ir para casa na fin de semana para acabar.
QUE DISFRUTEDES MOITO DA FIN DE SEMANA!!!
VOLVEMOS O LUNS!!!
💙💚💛💜








Comentarios
Publicar un comentario