Martes 3 de Febreiro de 2026

 MOI BO DÍA DE MARTES!!!!!

Comezamos este día facendo un repasiño dos sons de cada letra.... CANTANDOOOO!!!!!



Agora pasamos á visualización e realización das tarefas para este día de martes...



ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Completámolo debuxando o tempo a palabra e o número do día. 
 EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos cas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. O estades facendo xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.  

Lectoescritura: Seguimos traballando na libreta das letras. Hoxe adicarémolo ao sonido /K/ que como sabedes o podemos facer con estas tres letras. LETRAS C,Q,K 

COÑECEMENTO: Continuamos traballando a escola.

Como todos os martes tedes clase de Inglés coa teacher Rocío despois do tempo de ler que por certo os martes é especial xa que a facemos con Adam.

QUE TEÑADES UN DÍA DE MARTES MARABILLOSO!!!!!!

Ata mañá!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025