Martes 10 de Febreiro de 2026

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!

Caramba, que rar@s vos vexo hoxe!!!

A verdade e que debedes de andar comendo moita larpeirada que eses bandullos medraron moito!!!

Xa que estamos en misión entroido imos comezar a mañá a ritmo de Uxía lambona e a súa canción  "ENTROIDO", espero que vos guste!!


Agora pasamos a ver o que nos toca facer hoxe neste día de martes...


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Completámolo debuxando o tempo a palabra e o número do día. 
  Faremos a ficha correspondente ao NÚMERO DO DÍA e  a PALABRA DO DÍA que nos dixo @ encargad@. 

 EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos cas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. O estades facendo xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.  

 LECTURA EN GALEGO. Hoxe seguimos a lectura deste libro e traballaremos a comprensión lectora do capítulo 4.
 Acordádesvos deste xogo tan divertido?? Hoxe faredes unhas fichas de recortar e pegar seguindo a cadea de palabras.

Como todos os martes tedes clase de Inglés coa teacher Rocío despois do tempo de ler que por certo os martes é especial xa que a facemos con Adam.

QUE TEÑADES UN DÍA DE MARTES MARABILLOSO!!!!!!

Ata mañá!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025