Luns 2 de Febreiro de 2026

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!!

Hoxe comezamos a xornada dándolle a benvida a un novo mes... FEBREIRO!!!!!

E con esta benvida imos cantar os meses para practicalos!!!!!!


IMOS XA COMEZAR CO TRABALLO DIARIO PARA ESTA XORNADA.... 


ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Estreamos calendario de Febreiro. Completamos o necesario e debuxamos o tempo a palabra e o número do día. 
 EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos cas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. O estades facendo xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@. 


DIARIO DE FIN DE SEMANA. Escribimos sobre como foi a nosa fin de semana.
Comezamos hoxe cunha nova plantilla xa que estades feitos uns superescritor@s!!

  
PROXECTO COMPETENCIAL coa profe Silvia e RELIXIÓN con Pilar

 
LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o mércores.
COÑECEMENTO: Hoxe comezamos a traballar sobre a escola.

EDUCACIÓN FÍSICA co profe Antón                 

QUE TEÑADES UN BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025