Xoves 8 de Xaneiro de 2026

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

NESTE XOVES 8 DE XANEIRO DAMOS COMEZO Ó 2º TRIMESTRE DE CURSO!!!!!!


Sei que isto pode resultar un pouco confuso para vós por iso imos aclarar varias cousas:

- Seguimos en 1º de Primaria.

- Aínda temos que seguir aprendendo moitaaaaaasssss cousas de 1º.

- É por iso que aínda temos que estar neste curso ata que chegue o verán.

- Será despois do verán cando seredes nenas e nenos de 2º!!!!!

CANDO VOLVEDES Á ESCOLA DESPOIS DAS VACACIÓNS TEDES MOITAS GANAS DE FALAR E DE CONTAR COUSIÑAS. ASÍ QUE HOXE TEREMOS UN TEMPO PARA FACELO.

 Por certo, que gañas tiña de vervos!!! Á última vez que vos vin foi o ano pasado, no ano 2025!!


HOXE COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA NESTE CURSO DE 1º. 
DAMOS COMEZO AO 2º TRIMESTRE E CON EL TAMÉN COMEZAMOS:
- UNHA NOVA SEMANA!
- UN NOVO MES!
- UN NOVO ANO!
Cantas cousas novas verdade?
Falando do novo ano, pensastes nos vosos BOS PROPÓSITOS a cumplir este ano????
Sabedes o que son os BOS PROPÓSITOS DO NOVO ANO????
Imos ver un video que vos axudará a decidir os vosos bos propósitos.
Contádeme, cales son os vosos???
Agora chegou o momento de comezar o traballo diario como viñamos facendo no 1º trimestre...
Pois para comezar este día con moita enerxía imos cantar os BOS DÍAS!!!!

CALENDARIO: Comezamos o calendafrio do novo mes de Xaneiro.

 Despois do recreo tedes música ca profe Geni.

QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!

💙🍀💚🍁💛🌿💜🍂

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025