Xoves 29 de Xaneiro de 2026

 Bos días!!

Xa estamos a xoves. 

Alguén investigou algo máis sobre Wangari Maathai??


Imos comezar a mañá coa súa canción para así recordar a súa vida, apetécevos? Hoxe temos que rematar a nosa peza do crebacabezas

Agora como cada día imos ver as tarefas que temos para hoxe...

ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.

  CALENDARIO. Debuxamos o tempo e anotamos a palabra e o número do día.
 EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos coas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@. 

ÁMBITO MATEMÁTICO: Seguimos practicando a suma e resta. Acordádevos de utilizar o ascensor si vos fai falta e tamén os dediños, que son os nosos aliados no cálculo.
 Lectoescritura Seguimos traballando na libreta das letras. Imos coa letra f, a súa grafía e o seu son. 

 Despois do recreo tedes música ca profe Geni.

QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!

💙🍀💚🍁💛🌿💜🍂


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025

Luns, 9 de xuño de 2025