Bo día de Xoves!!!
Empecemos o día desexandonos os bos días como nos sabemos facelo!
CANCIÓN BUENOS DÍAS

ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO. Debuxamos o tempo e anotamos a palabra e o número do día. 
EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos coas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.

ÁMBITO MATEMÁTICO: Seguimos practicando a resta. Acordádevos de utilizar o ascensor si vos fai falta e tamén os dediños, que son os nosos aliados no cálculo.
Lectoescritura Seguimos traballando na libreta das letras. Imos coa letra f, a súa grafía e o seu son.
LECTURA El Lobo Lupas. Hoxe no tempo de lectura continuamos coa lectura colectiva do Lobo Lupas. Estade moi atent@s!! e recordade levar o libro para casa para facer as actividades e traerédelo de volta o luns.
COÑECEMENTO: Seguimos traballando sobre o tema da familia.
Despois do recreo tedes música ca profe Geni.QUE TEÑADES UN FABULOSO DÍA DE XOVES!!!!
Comentarios
Publicar un comentario