Venres 30 de Xaneiro de 2026
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!
Hoxe é venres 30 de xaneiro... sabedes o que pasa todos os anos neste día?????
Imos ver un video para que o descubrades...
TURNO DE PREGUNTAS...
- Vós pensades que hai PAZ en todo o mundo?
- Cómo pensades que é a vida nos países onde non hai PAZ?
- Qué credes que pasa cos nenos e nenas neses países?
- Pensades que os nenos e nenas van á escola?
- Cómo credes que son as súas escolas?
- Cómo credes que chegan a elas?
NESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA O MUNDO E PARA TODAS AS PERSOAS IMOS facer un acto todo o cole xuntos montando un quebracabezas coas pezas que preparamos sobre persoas que foron galardonadas co Premio Nobel da paz.
Pero... non vos esquezades que hoxe é Venres así que...
MOI BO DÍA DE VENREEEESSSSSS!!!!!!!
CÓMO COMEZAMOS ESTE DÍA??????
Pero ademais para comezar a mañá con bo ánimo, imos escoitar a canción “A paz” de Mamá Cabra, unha canción doce e próxima que nos axuda a falar da paz, do coidado e de levarnos ben cos demais, enchendo a aula de música e boas emocións.
Imos ver o traballo que imos facer durante esta xornada!!!!!
EXPOSICIÓN ORAL: Seguimos coas exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
QUE DISFRUTEDES MOITO DA FIN DE SEMANA!!!
VOLVEMOS O LUNS!!!
💙💚💛💜








Comentarios
Publicar un comentario