Mércores 28 de Xaneiro de 2026
BO DÍA DE MÉRCORES A TODAS E A TODOS!!!!
Cómo vos atopades????? Xa sabedes que estamos na metade da semana e case case no final deste mes de xaneiro...
Para practicar un pouquiño os meses e saber qué mes é o seguinte imos comezar esta xornada cantando unha canción que nos gusta moito, a dos meses do ano!!!!
Onte falamos de que estamos chegando ao final deste mes de xaneiro e... SABEDES O QUE SE ACHEGA EN FEBREIRO?????
A CELEBRACIÓN MÁIS DIVERTIDA DO ANO!!!!!!!
Cal é?????
Teremos que ir pensando no disfraz de cole para este curso, non credes?
Iremos falando deste tema ao longo destes días... e incluso hoxe xuntarémonos para ver algo do que imos ser.
E CAMBIANDO DE TEMA... SABEDES QUEN É ESTA CHICA?
Investigástedes algo sobre ela?? Hoxe temos que empezar a preparar a peza do crebacabezas coa información que imos tendo.
Imos recordar a canción que nos conta a súa vida, apetécevos?
Agora como cada día imos ver as tarefas que temos para hoxe...
ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
CALENDARIO: Debuxamos o tempo e escribimos a palabra e o número do día.
EXPOSICIÓN ORAL: Hoxe comezamos as exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@.
LECTURA EN GALEGO. Hoxe seguimos a lectura deste libro e traballaremos a comprensión lectora. Espero que vos guste. comp








Comentarios
Publicar un comentario