Martes 20 de Xaneiro de 2026

 MOI BO DÍA DE MARTES!!!!

Comezamos este 2º día da semana cantando o abecedario fonético...
Sabedes o que é?????
En lugar de dicir o nome de cada letra dicimos o seu son...
Preparadas e preparados?????


Despois desta nova introdución do abecedario imos ver no que traballaremos hoxe... 


   ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
    CALENDARIO. Debuxamos o tempo e escribimos a palabra e o número do día.
 EXPOSICIÓN ORAL: Hoxe comezamos as exposicións orais sobre os obxectos que trouxéstedes da casa. Seguro que o facedes xenial!! Recordade saudar, explicar todo de forma clara e ordeada, despedirvos e abrir a ronda de preguntas.
A continuación completaremos a ficha sobre o obxecto e a valoración da exposición oral d@ nos@ compañeir@. 
       Ditado palabras e números
   
NUMERACIÓN. Continuamos o traballo das decenas. Cos números do 40 e do 50.
   
COÑECEMENTO: Continuamos coas árbores xenealóxicas das nosas familias.

Como todos os martes tedes clase de Inglés coa teacher Rocío despois do tempo de ler que por certo os martes é especial xa que a facemos con Adam.

QUE TEÑADES UN DÍA DE MARTES MARABILLOSO!!!!!!

Ata mañá!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025

Luns 6 de Outubro de 2025