Mércores 10 de Setembro de 2025

 BOS DÍAS!!

Nenos, nenas e profes... son o voso blogue, o "blogue dos Primeirinis", que ganas tiña de coñecervos.
Non sei se o sabedes, pero todos os días pola mañán cando cheguedes a clase eu serei o que vos irei contando o que ides a facer cada día no cole.
Antes de seguir contándovos cousas, gustaríame que escoitarades esta canción:

Gustouvos?? Contádeme:
- Tiñades ganas de empezar o cole?? Por qué??
- E que tal levades o de madrugar?
- Estavos gustando Primaria?

Teño moitas ganas de coñecervos mellor a todos e a todas vos. Así que propóñovos xogar ao xogo da araña ca vosa profe Ana (Que vos explique ela como se xoga) e despois tamén me gustaría que completárades unha ficha coas vosas preferencias persoais.
Ademais hoxe como é Mercores, tedes clase de Educación Física con Antón.
Que teñades un feliz día de Mércores e ata mañán!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Xoves, 20 de marzo de 2025

Martes, 25 de marzo de 2025

Mércores, 19 de marzo de 2025