Martes 30 de Setembro de 2025
MOI BO DÍA DE MARTES!!!!!
Este martes comezámolo dándolle a despedida a este mes que nos acompañou no comezo de cole deste curso... xa que hoxe é o último día de setembro...
Eso quere dicir que hoxe tamén faremos o último calendario deste mes... e mañá comezaremos un novo para outubro!!!
👏👏👏👏👏👏
Para comezar este día falando destes dous meses importantes do OUTONO imos escoitar a canción sobre esta estación do ano!!!! Cantámola?????
Agora imos dar comezo ás tarefas de ASAMBLEA co saúdo, calendario e faremos a gráfica do tempo deste mes.
Ao longo deste día traballaremos numeración, lectoescritura e tamén seguiremos co traballo sobre o noso corpo, descubrindo como se chaman as distintas partes nas que podemos dividilo.



Comentarios
Publicar un comentario