MOI BO DÍA NESTE XOVES DE XANEIRO...
XA QUE ESTAMOS ESTREANDO NOVO MES PODEMOS FACER UN REPASIÑO DE TODOS OS MESES CANTANDO... QUE VOS PARECE????
Tamén podemos aproveitar para repasar un pouco co xogo das preguntas...1- Qué día da semana será o 18 de xaneiro?
2- Que días do mes de xaneiro son martes?
3- Cal é o derradeiro día do mes de xaneiro?
5- Cantos domingos ten este mes?
6- E venres?
7- Cal é o día que marca a metade do mes?
8- Cantas semanas hai no mes de xaneiro?
9- Cantos días hai na 3ª semana do mes?
10- E na 1ª semana?
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
ASAMBLEA: saúdo, data, tempo, emoción, encargad@s de grupo, autobús, comedor, casa.
LECTURA. Practicaremos para coller fluidez.
CALENDARIO. Escribimos a data, frase do día e debuxamos o tempo.
NUMERACIÓN. Traballaremos a representación das sumas.
LECTOESCRITURA. Continuamos traballando na letra T e o seu son!
PUZLES Poñeremos a proba a nosa creatividade para elaborar uns puzles basados nos dereitos dos nenos e nenas.
Hoxe o grupo de 1ºA volvedes ter especialidade de inglés coa TEACHER ROCÍO.
O grupo de 1ºB terédela mañá venres!!!
QUE PASEDES UN DIVERTIDO XOVES DE XANEIRO!!!!
As profes de 1º
Ata mañá!!!
Comentarios
Publicar un comentario