Xoves, 14 de novembro de 2024
MOI BO DÍA DE XOVES!!!!
Hoxe é un xoves moi especial porque é o día 14 de novembro, día no que conmemoramos O DÍA MUNDIAL DA DIABETES!!!!!
Hoxe é un xoves moi especial porque é o día 14 de novembro, día no que conmemoramos O DÍA MUNDIAL DA DIABETES!!!!!
Para conmemorar o DÍA DA DIABETES imos comezar por visualizar unha historia dunha nena.... a ver se vos gusta!!!!
Ademais de visualizar e falar sobre a historia de Carol na que nos explica que ten diabetes hoxe tamén imos facer unha ANDAINA POLA VILA DE CUNTIS!!!!!!!!!
Apetécevos??????
Temos que poñer as chapas tan chulas que fixemos para este día!!!!!
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
E cambiando de tema.... temos outra actividade especial neste día!!!!!!
Hoxe recibiremos a visita dunha "avóa" que nos quere falar de como era a escola na que ela estudou cando era unha nena coma vós....
Esta actividade está relacionada co proxecto de centro no que estamos traballando "A escola do pasado"...
Apetécevos escoitala????? Estamos seguras de que nos vai contar cousas moi interesantes....
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Entretanto imos dar comezo á ASAMBLEA deste día para logo pasar á actividade do CALENDARIO... Comezamos?????
QUE PASEDES UN XOVES ESTUPENDO!!!!
As profes de 1º
Ata mañá!!!!!!







Comentarios
Publicar un comentario