Luns, 30 de setembro de 2024

MOI BO DÍA DE LUNS!!!!!
QUE TAL FOI A FIN DE SEMANA????
Este luns comezámolo dándolle a despedida a este mes que nos acompañou no comezo de cole deste curso... xa que hoxe é o último día de setembro...
Eso quere dicir que hoxe tamén faremos o último calendario deste mes... e mañá comezaremos un novo para outubro!!!👏👏👏👏👏👏

Para comezar este día falando destes dous meses importantes do OUTONO imos escoitar a canción sobre esta estación do ano!!!! Cantámola?????

Agora imos dar comezo ás tarefas de ASAMBLEA co saúdo, calendario e ficha do encargado ou encargada... a quen lle tocará hoxe????

Ao longo deste día traballaremos numeración, lectoescritura e tamén seguiremos co traballo sobre o noso corpo, descubrindo como se chaman as distintas partes nas que podemos dividilo.


QUE TEÑADES UN BO COMEZO DE SEMANA!!!!
As profes de 1º!
Ata mañá!!!! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023