Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2024

Martes, 1 de outubro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! HOXE ESTREAMOS NOVO MES!!!!! CHEGOU O MES DE OUTUBROOOOOO!!!!! Este mes estará cheo de un montón de actividades que faremos no cole e tamén fora del... Disfrutaremos de moitas celebracións divertidas como por exemplo ...  Ocórresevos algunha celebración a vós??? Imos escoitar unha canción a ver se así vos acordades... ENLACE CANCIÓN A que esta canción dounos unha super pista?????? Pois si nenas e nenos, outubro será un mes especial!!!! NO TRABALLO DE HOXE ... Comezaremos a xornada de hoxe estreando un novo calendario no que traballaremos sobre os vosos nomes... Traballaremos coas regletas para relacionalas coa numeración. Faremos un pouco de lectoescritura. Seguiremos aprendendo as partes do corpo con actividades divertidas... ESPERAMOS QUE TEÑADES UN BO DÍA DE MARTES DE OUTUBRO!!!! As profes de 1º! Ata mañá!!!!

Luns, 30 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA DE LUNS!!!!! QUE TAL FOI A FIN DE SEMANA???? Este luns comezámolo dándolle a despedida a este mes que nos acompañou no comezo de cole deste curso... xa que hoxe é o último día de setembro... Eso quere dicir que hoxe tamén faremos o último calendario deste mes... e mañá comezaremos un novo para outubro!!!👏👏👏👏👏👏 Para comezar este día falando destes dous meses importantes do OUTONO imos escoitar a canción sobre esta estación do ano!!!!  Cantámola????? ENLACE CANCIÓN DO OUTONO Agora imos dar comezo ás tarefas de ASAMBLEA co saúdo, calendario e ficha do encargado ou encargada... a quen lle tocará hoxe???? Ao longo deste día traballaremos numeración, lectoescritura e tamén seguiremos co traballo sobre o noso corpo, descubrindo como se chaman as distintas partes nas que podemos dividilo. QUE TEÑADES UN BO COMEZO DE SEMANA!!!! As profes de 1º! Ata mañá!!!! 

Venres, 27 de setembro de 2024

Imagen
MOI BOS DÍAS DE VENRES!!!! CÓMO COMEZAMOS O DÍA DOS VENRES?????? Queredes cantar e bailar?????  Pois adiante!!!!! ENLACE CANCIÓN FIN DE SEMANA Neste día de venres daremos comezo á fin de semana, tempo para disfrutar en familia e descansar... como di a canción. No cole imos continuar co noso traballo xa comezado esta semana e intentaremos rematalo traballando  acompañados d@s nos@s compis... QUE MELLOR COMPAÑÍA QUE AS AMIGAS E AMIGOS, VERDADE? Comezamos o día!!!! DENDE O BLOGUE VOS DESEXAMOS UNHA BOA FIN DE SEMANA. VOLTAMOS O LUNS!!! As profes de 1º 💛💚💜💙

Xoves, 26 de setembro de 2024

Imagen
OLA DE NOVO A TODAS E A TODOS!!!! Chegamos ao XOVES!!!  o 1º xoves nesta nova estación do OUTONO... Comezamos este día cunha canción sobre esta estación... A ver se vos gusta!!!! ENLACE CANCIÓN DO OUTONO Agora chegou o momento de comezar a ASAMBLEA coas actividades de calendario!!!! Despois seguiremos adiante traballando sobre as letras coa práctica do seu trazo e o seu son...  Atoparemos mais palabras que comecen por esas letras?????? Seguro que siiiii!!!!!! Hoxe tamén faremos unha ACTIVIDADE ARTÍSTICA sobre o corpo!!!!! Finalmente tamén nos familiarizaremos coas regletas investigando a información que podemos opter delas. DESEXAMOS QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE XOVES!!! As profes de 1º Ata mañá!!

Mércores, 25 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! Comezamos este día de MÉRCORES que nos marca a metade dos días de cole!!!!! Sabedes por qué???? Pois siiiii, porque o mércores é o día que está xusto no medio, na metade da semana.                          Neste día seguiremos coas actividades de calendario e encargad@s. Seguiremos traballando as letras co seu trazo e son... E tamén continuaremos o aprendendo sobre o noso corpo.      Volvemos poñer a canción para movelo!!!!         ENLACE CANCIÓN EL BAILE DEL CUERPO QUE DISFRUTEDES MOITO NESTE DÍA!!!!! As profes de 1º Ata mañá!!!

Martes, 24 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA DE MARTES!!!! Comezamos un novo día nesta semana de setembro, mes que xa está rematando... Cantos días quedarán para que remate???? Contámolos??? Moi ben!!!!! Pois xa que estamos falando de meses imos comezar cantando para aprendelos moi ben!!!! ENLACE CANCIÓN MESES DO ANO Hoxe imos seguir coas novas actividades de calendario e dos encargados... e despois faremos outro traballo relacionado coa lectoescritura.                 E tamén traballaremos para aprender sobre o noso corpo. Deixamos aquí unha canción para mover o noso corpo!!!!! ENLACE CANCIÓN EL BAILE DEL CUERPO ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!!! As profes de 1º Ata mañá!!!

Luns, 23 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! Comezamos unha nova semana neste día de LUNS!!!! Pasastes boa fin de semana?????  FIXÁDEVOS NESTA FOTO... que vedes nela?? A que vos recorda??? Hoxe comezamos este día dándolle a benvida á estación do OUTONO que xusto comezou onte día 22 de setembro. Imos ver un video sobre o OUTONO... ENLACE VIDEO EL OTOÑO Pois agora toca dar comezo á ASAMBLEA deste día para seguir co traballo diario coas letras, os números e algo mais... Que teñades un día fabuloso!!!! AS PROFES DE 1º Ata mañá!!!!

Venres, 20 de setembro de 2024

Imagen
MOI BOS DÍASSSSSSSS NENAS E NENOS!!!!!!!! SABEDES QUÉ DÍA É HOXE?????  ESTE GATIÑO PARECE QUE QUERE BAILAR...       E VÓS????? COMEZAMOS ESTE DÍA CANTANDO E BAILANDO A CANCIÓN DO VENRES!!!!! ENLACE CANCIÓN HOY ES VIERNES Pois hoxe imos traballar a ritmo de venres pasándoo moi ben con actividades moi divertidas!!!!!! Que teñades unha moi boa fin de semana en familia!!!!! Volvemos o luns!!!! As profes de 1º 💙💚💛💜💛💚💙

Xoves, 19 de setembro de 2024

Imagen
BO DÍA DE XOVESSSSS!!!! Que tal estades hoxe????? O xoves é o 4º día da semana, setembro é o 9º mes do ano e tamén sabemos que os meses teñen moitos días... PARECE QUE OS NÚMEROS ESTÁN EN TODAS PARTES, VERDADE??? Mirade ao voso arredor... vedes números???? En que sitios???? Imos facer un xogo para practicar o conteo... A  ver se vos gusta!!!!! (Xogo: coller tantas "cousas" como di a mestra, por exemplo: tedes que coller 7 cousas amarelas) 7 PEZAS DE LEGO!!!!!! 👏👏👏👏👏👏 Agora chegou o momento de comezar as tarefas para seguir aprendendo sobre as letras e os números!!!!!! QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA COS VOSOS AMIGOS E AMIGAS!!!!! As profes de 1º Ata mañá!!!! 💚💛💙💜

Mércores, 18 de setembro de 2024

Imagen
OLA A TODAS E A TODOS NESTE DÍA DE MÉRCORES!!!! Hoxe imos comezar a xornada mirando o calendario de SETEMBRO... QUE VEDES NO CALENDARIO????? Sabedes que día é hoxe de número???????? Onte foi ... E hoxe é .... Sabedes cantos días ten o mes de setembro en total???? E sabedes cantas letras ten a palabra "SEPTIEMBRE"???? Imos contalas!!!!! E xa que estamos contando letras... imos tamén cantalas cunha canción moi bonita!!!!!! ENLACE CANCIÓN O ABECEDARIO ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA ESTE COMEZO DE DÍA E QUE SIGADES DISFRUTANDO DURANTE A MAÑÁ!!!!! As profes de 1º Ata mañá!

Martes, 17 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA DESTE MARTES!!!!! Hoxe é o 2º día da semana... sabedes por qué??? E recordades como se chama o mes no que nos atopamos???? Pois xa que falamos dos días da semana e dos meses do ano imos comezar este día cantando para recordalos!!!! Prepadad@s???? ENLACE CANCIÓN MESES DO ANO Agora imos comezar o traballo de calendario para despois continuar con traballo divertido de letras e números!!!!! Comezamossssssss!!!!! QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO!!!! As profes de 1º Ata mañá!

Luns, 16 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DIA DE LUNS!!!! Comezamos unha nova semana de cole neste novo curso!!!!! Como foi a fin de semana???? Fixestes moitas cousas???? Contádenos....  Neste día imos comezar co traballo de numeración e de letras levando a cabo actividades divertidas que nos axudarán a aprender moitoooooo!!!!!!! Estades preparadas e preparados?????? Pois antes de poñernos imos comezar cunha canción acompañados de Micro e a súa banda para coller moita enerxía!!! ENLACE CANCIÓN "ME VOY AL COLE" DESEXAMOS QUE TEÑADES UN BO COMEZO DE SEMANA!!!!!!!! Ata mañá!!!  As mestras de 1º

Venres, 13 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!! Sabedes o que pasa no blogue todos os venres????? Pois que comezamos a xornada CANTANDOOOOOOO!!!!!!!!! ENLACE CANCIÓN FIN DE SEMANA Con esta canción dámoslle a benvida á FIN DE SEMANA na que teredes tempo de descansar e disfrutar en familia!!!! Hoxe para rematar esta 1ª semana tan especial imos adicar o día a finalizar as actividades que estamos facendo sobre as vacacións e a volta ao cole. Unha destas actividades será facer un xogo de preguntas moi divertidas que se chama  "TIRA Y DINOS". Queredes xogar????? ENLACE XOGO "TIRA Y DINOS" ESPERAMOS QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES!!!!💛💚💜💙💗 Volvemos o luns!!!!!

Xoves, 12 de setembro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA DE XOVES!!!!! Que tal estades Primeirinis???? Tedes gañas de pasar un novo día no cole????? Hoxe imos comezar a xornada visualizando un conto... Apetécevos????? ENLACE VIDEOCONTO "LA VUELTA AL COLE" Tamén faremos moitas outras actividades divertidas para irnos afacendo a este novo curso de primaria. QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO!!!!!!! 💙💛💜 Ata mañá!!!

Mércores, 11 de setembro de 2024

Imagen
  BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!!! Ola a todas e a todos!!! Estades lendo a 1ª entrada deste blogue, que en realidade é o voso blogue de aula. Sabedes como se chama????  "O BLOGUE DOS PRIMEIRINIS" E SABEDES QUENES SON OS PRIMEIRINIS??????????? Pois sodes vós!!!! Todas as nenas e os nenos que estades en 1º de primaria!!! Este blogue vainos acompañar cada día deste curso e a través del poderemos coñecer o que imos facer cada día, cantar algunha canción, ver videos sobre temas interesantes e moitas cousas mais... INCLUÍDAS SORPRESAS!!!! e hoxe para dar a benvida a este curso imos escoitar e cantar unha canción!!!! estades preparad@s????? ENLACE CANCIÓN "ME VOY AL COLE" espero que vos gustara moito a canción... e agora a disfrutar moito deste 1º día de cole!!!! ata mañá!!!  💜💛💚💙