Venres 8 de Marzo de 2024

 Moi bos días!!

Xa chegamos á fin de semana, hoxe é VENRES!!!

Venres 8 de Marzo, escoitade esta canción

Hoxe as encargadas son:

1º A: Lucía
1º B: Sofía
Coa súa axuda faremos a ficha do número e da palabra protagonista.
Ademáis coma todos os venres hoxe teredes clase de Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha.
Como sabedes hoxe é 8 de Marzo e culminamos unha semana chea de actividades sobre este día, quero que vexades este VIDEO e ademáis pareceume escoitar que ides ter a ocasión de escoitar a unha muller que é un referente para vós por todo o que fai, xa me contaredes.
Estou seguro de que coñecedes a moitas mulleres dignas de eloxiar e que vos gustaría escoitar contando que fan no seu traballo, se lle costou moito conseguilo... así que vos propoño que as invitedes a vir ao cole a contarnos todas esas cousas tan interesantes.
Vémonos de novo o Luns!!
Disfrutade moito da fin de semana amiguiñ@s!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023