Venres 22 de Marzo de 2024

 Olaaa!!!!

Hoxe é Venres, un venres especial. Por unha banda estou moi contento xa que hoxe comezades as vacacións de Semana Santa que sei que vos fan moita falta despois deste trimestre no que tanto traballáchedes, pero por outra estou algo tristón porque vos vou a estrañar moito...

Xa que comeza o tempo de Pascua, mirade esta historia:

HISTORIA

Estade atentos porque a min pareceume ver un coelliño cunha cesta escondendo cousas polo cole...

Ademáis hoxe teremos visita de papis e mamis!!

Pero antes de nada tedes que completar o calendario de hoxe e cubrir a gráfica do tempo xa que nas vacacións remata este mes de Marzo e volveremos a vernos no mes de Abril.



Sede moi felices e disfrutade moitísimo destas vacacións coas vosas familias, vémonos á volta no mes de Abril!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023