Mércores6 de Marzo de 2024

 Moi bos días!!

Xa estamos na mitade da semana, xa que hoxe é mércores.

Imos seguir tratando unha data importante que terá lugar esta semana...
Recordades cal é?


Que significa para vós o DÍA 8 DE MARZO????

En conmemoración a este día imos traballar no cole algo que QUEREMOS todas e todos e que pensamos que pode ser posible en igualdade... 


Vexamos este conto sobre a IGUALDADE 
Coñecedes alguén que desempeñe unha profesión que é considerado a algún xénero en concreto??

Onte vimos un video sobre as profesións, quen me recorda o que eran??

Pensades que todas as persoas somos válidas para desenvolver as mesmas profesións ou pola contra pensades que hai profesións mais para homes e profesións mais para mulleres?

Seguimos traballando as profesións a través do proxecto de centro "QUE QUEREMOS SER" coa actividade "TRABALLO NO QUE ME PRESTA" e así conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A IGUALDADE DE XÉNERO. 

Hoxe os encargados son:

1º A: Roi
1º B: Breogán

Aquí tedes ficha do NÚMERO E PALABRA PROTAGONISTA  desta ronda de encargad@s.

Continuaremos ca lectura do Lobo Lupas, lendo un novo capítulo.

Creo que hoxe xa tedes traballo dabondo así que deixovos ata mañán!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023