Luns 18 de Marzo de 2024

 Moi bos días nenos e nenas!!

Hoxe comezamos unha nova semana. Unha semana moi especial xa que é a última semana deste 2º trimestre.

Ao rematala comezarán as vacacións de Semana Santa.

Imos aproveitala para rematar traballiños que temos pendentes e afianzar e practicar cousiñas xa coñecidas.

Ademáis teremos visitas das vosas familias para seguir contándonos cousas sobre as súas profesións. Canto estamos aprendendo!!!

Coma todos os luns, hoxe teredes Relixión coa profe Pilar e Proxecto competencial con Sara.

Ademáis falaredes da fin de semana e practicaredes a expresión escrita no diariario da fin de semana.

Ata mañán!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023