Xoves 29 de Febreiro de 2024

 BO DIA A TODAS E A TODOS!!!!

Hoxe é un dia especial deste ano, sabedes por qué?? 
Porque este ano 2024 é bisiesto, esto quere decir que non haberá outro coma este ata dentro de 4 anos, e o mes de Febreiro terá 28 días.
Despedímonos deste mes de febreiro no que tanto traballamos interdisciplinarmente...
Houbo entroido, houbo Rosalía, houbo visita dos avoíños, semana da ciencia.... cantas cousas!!!!!
Recordade completar a gráfica do tempo deste mes de febreiro!!
Bueno tamén nos despedimos das EMOCIÓNS  de cada día xa que é unha tarefa que tamén damos por rematada.
Dende o blogue e dende a escola esperamos que vos sirva para moito poder aprender un pouquiño sobre as emocións que todas as persoas do mundo sentimos cada día e sobre todo, e moi importante, que as emocións existen para sentilas e que é moi normal que as sintamos, sexan cales sexan.
O que se debe facer é aprender a recoñecelas, entendelas e saber xestionalas cando as sentimos...
Hoxe é Xoves e todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés co Teacher Juanma.
E os de 1ºB Educación Física con Antón.
Comezamos entón a nosa ASAMBLEA diaria cos encargados, que hoxe serán 
En 1ºA Leire
En 1º B Noa
Que teñades moi bo día e vémonos de novo en Marzo!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023