Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Venres 1 de Marzo de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Xa chegamos á fin de semana, hoxe é VENRES!!! Imos darlle a benvida a este día con esta canción!! CANCIÓN E ademáis de ser Venres hoxe comeza un novo mes do ano, o mes de MARZO Qué sabedes deste mes?? Cántos dias ten?? Que cousas importantes imos a conmemorar?? E agora xa comezamos a asamblea, dirixida polos encargad@s que hoxe serán: En 1º A: Yeredey En 1º B : Rodrigo. Completamos o novo calendario deste mes de Marzo: CALENDARIO GRÁFICO DO TEMPO E seguimos ca ficha do número e palabra protagonista. Tamén practicaremos a colocación das sumas e da s restas que xa sodes uns expert@s FICHA SUMA Y RESTA Ademáis coma todos os venres hoxe teredes clase de Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha. Vémonos de novo o Luns!! Disfrutade moito da fin de semana amiguiñ@s!!

Xoves 29 de Febreiro de 2024

Imagen
  BO DIA A TODAS E A TODOS!!!! Hoxe é un dia especial deste ano, s abedes por qué??  Porque este ano 2024 é bisiesto, esto quere decir que non haberá outro coma este ata dentro de 4 anos, e o mes de Febreiro terá 28 días. D espedímonos deste mes de febreiro no que tanto traballamos interdisciplinarmente... Houbo entroido, houbo Rosalía, houbo visita dos avoíños, semana da ciencia.... cantas cousas!!!!! Recordade completar a gráfica do tempo deste mes de febreiro!! Bueno tamén nos despedimos das EMOCIÓNS  de cada día xa que é unha tarefa que tamén damos por rematada. Dende o blogue e dende a escola esperamos que vos sirva para moito poder aprender un pouquiño sobre as emocións que todas as persoas do mundo sentimos cada día e sobre todo, e moi importante, que as emocións existen para sentilas e que é moi normal que as sintamos, sexan cales sexan. O que se debe facer é aprender a recoñecelas, entendelas e saber xestionalas cando as sentimos... Hoxe é Xoves e  todos os nenos e nenas de 1º

Mércores 28 de Febreiro de 2024

Imagen
  Moi bos días!! Xa estamos na mitade da semana, xa que hoxe é mércores. Deixovos aquí este video que sei que andades practicando algunha grafía das letras minúsculas. Hoxe imos cunha SUPERLETRA xa que quere tanto voa como excava LETRA F Imos xa coa asamblea cos encargad@s de hoxe que son: En 1º A Anais. En 1º B Antón. Aquí tedes ficha do  NÚMERO E PALABRA PROTAGONISTA   desta ronda de encargad@s. Continuaremos ca lectura do Lobo Lupas, lendo un novo capítulo. Tamén seguiremos traballando co proxecto eu: A NOSA CASA 1º A A NOSA CASA 1º B Que teñades moi bo día de mércores e vémonos mañán

Martes 27 de Febreiro de 2024

Imagen
 Ola!! Bos días!! Coma todos os martes, hoxe  tedes clase de Inglés co teacher Juanma  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. Imos comezar coa asamble cos encargados de hoxe que son: En 1ºA Valerio En 1ºB Martín E faremos a ficha do NÚMERO E PALABRA PROTAGONISTA   coa súa axuda. Ademáis retomaremos o PROXECTO A NOSA CASA. Que teñades moi bo día de martes, e vémonos mañán!!

Luns 26 de Febreiro de 2024

Imagen
 Bos días amiguiñ@s!!! Empezamos unha nova semana!! Retomamos a rutina dos encargados coa palabra e o número protagonista para así reforzar contidos que temos que practicar todos os días. PALABRA E NÚMERO PROTAGONISTA Hoxe os encargados son: 1º A: Iker 1º B: Enzo Coma todos os luns todos os nenos e nenas de 1º teredes clase de Relixión coa profe Pilar e de Proxecto Competencial con Sara. Ademáis tócanos falar da fin de semana e practicar a expresión escrita no noso diario da fin de semana. Que teñades moi bo día de Luns e vémonos mañán!!

Venres 23 de Febreiro de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA!!!! Hoxe é VENRES e tamén é o DÍA DE ROSALÍA!!!! Cada ano o día 23 de febreiro está adicado á esta muller, que era Galega e foi unha escritora moi importante, ROSALÍA DE CASTRO. Imos ver un video sobre ela... ENLACE VIDEO ROSALÍA DE CASTRO Mirade este video para coñecer un pouquiño máis sobre ela  EU SON LIBRE  Apétecevos unha canción, a ver que ben o facedes!! O MOUCHO Hoxe imos adicar tempo a ROSALÍA DE CASTRO facendo unhas actividades moi especiais e divertidas MOITAS XIRARÁN TORNO AO SEU POEMA: Miña casiña, meu lar Disfrutade da fin de semana e vémonos de novo o Luns!!!

Xoves 22 de Febreiro de 2024

Imagen
 Moi bo día!! Xa estamos a Xoves, xa solo queda 1 día para rematar a semana, imos a repasar os días da semana con esta canción. CANCIÓN OS DÍAS DA SEMANA  A emoción do día de hoxe é A SATISFACCIÓN Coma todos os xoves hoxe todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Ademáis ainda nos queda 1 xornada de convivencia co alumnado da ESO nesta semana adicada a ciencia... Qué faremos hoxe?? Imos cas rutinas diarias, comezamos co calendario e tamén leeremos un capítulo novo do Lobo Lupas. Ata mañán!!

Mércores 21 de Febreiro de 2024

Imagen
  Moi bo día de Mércores!!  A emoción do día de hoxe é O DESEXO Seguimos ca semana da ciencia e hoxe veremos un video que nos explica que é a ciencia QUE É A CIENCIA? Hoxe volveremos a compartir experiencias científicas co alumnado da ESO, a ver con qué nos sorprenden hoxe!! Imos xa ca rutina diaria, faremos o calendario e imos facer tamén unha actividade de dictado de palabras para despois escribir oracións. BOTE DICTADO FRASES DICTADO Seguiremos traballando cos números da familia do 50  E si temos tempo comezaremos tamén co proxecto A MIÑA CASA Ata mañán amiguiñ@s!!

Martes 20 de Febreiro de 2024

Imagen
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! HOXE COMEZAMOS ESTE NOVO DÍA CUNHAS PRENGUNTAS.... QUE É A CIENCIA?   e... SER CIENTÍFICA? Imos visualizar un video que nos vai axudar a entender o que é a ciencia e o que se fai sendo CIENTÍFICA... ENLACE VIDEO MUJER Y NIÑA EN LA CIENCIA   Recórdovos que durante esta semana faremos actividades relacionadas coa CIENCIA guiados polo alumnado da ESO. Imos ver a emoción do día de hoxe...   A emoción do día de hoxe é A  ENVEXA Ademáis como todos os martes  tedes clase de Inglés co teacher Juanma  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. Que teñades moi bo día de martes, e vémonos mañán!!

Luns 19 de Febreiro de 2024

Imagen
 Moi bo día nenos e nenas!! Comezamos unha nova semana. e retomamos a rutina da emoción do día,   A emoción do día de hoxe é A ADMIRACIÓN Esta semana adicarémola ao  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA  que se celebrou o 11 de Febreiro coincidindo cas festas do entroido, para iso os compañeiros e compañeiras da ESO ténñennos preparados uns talleres durante esta semana. Ao ser Luns temos que falar tamén da fin de semana e completar o noso diario da fin de semana. Tamén retomamos a lectura do LOBO LUPAS.  Ademáis coma todos os luns, algúns teredes Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara Que teñades moi boa semana!!

Xoves 15 de Febreiro de 2024

Imagen
  Moi bos días nenos e nenas!!! Guau canto tempo hai que non nos vemos!!! Que tal o pasástedes estos día de entroido?? Algo que contar?? Imos a seguir traballando a lectura e a compresión con estas fichas: LEO Y DIBUJO LEO Y COLOREO TAmén seguimos traballando coas familias de números, empezamos pois coa FAMILIA DO 50 CUENTO 50 Coma todos os xoves hoxe todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Mañán se o tempo o permite disfrutaremos do desfile de entroido. Estou desexando vervos!!

Venres 9 de Febreiro de 2024

Imagen
 Olaa!!!! Xa me contaron que por mor do tempo hoxe non faredes o voso ansiado desfile de entroido!! É unha mágoa pero esperemos pronto volva o bo tempo e poidades lucir os vosos diseños marcianos!! Ainda así hoxe non deixa de ser venres e ainda por riba venres de entroido e eso quere dicir FESTAAAA!!!! Disfrutaredes despois do recreo da gastronomóa típica destas datas coas aportacións das vosas familias e bailaredes á ritmo da música nunha xornada de convivencia con todo o resto do cole, e estou seguro de que o disfrutaredes moito. Ademáis algúns compañeiros e compañeiras ténenvos preparado un teatrillo que de seguro estará xenial!! Propóñovos o xogo do PASAPALABRA DE ENTROIDO  para que disfrutedes con él e ademáis practiquedes o dictado e a escritura de palabras. Disfrutade moito destes días festivos de entroido e vémonos á volta o Xoves 15!! Sede SUPERFELICES!!!

Xoves 8 de Febreiro de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa estamos a Xoves... ei pero quenes sodes?? Non vos recoñezo!! Presentádevos por favor!!! Propóñovos traballar a expresión escrita describindo os vosos disfraces, que están realmente xenial!! O MEU DISFRAZ Xa sei que ainda tedes cousiñas por rematar dos disfraces así que dádelle duro que mañán é o gran día, a ver se o tempo nos permite disfrutalo e salir a desfilar por Cuntis e que todos vexan o guapos e guapas que ides!! Coma todos os xoves hoxe todos os nenos e nenas de 1º teredes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Non vos dou máis a lata, ata mañán amiguiñ@s!!!

Mércores 7 de Febreiro de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Teño que decirvos que quedei impresionado vendo o ben que entendístedes o estilo artístico de Romero Britto utilizando as tramas para o  vosos disfraces, que por certo están quedando xenial!! Ei, agora que me fixo... hoxe vides en pixama!!! Non pensedes que ides durmir no cole!! Hoxe tedes que seguir argallando cousas do entroido, deixovos aqui estas LECTURAS COMPRENSIVAS que espero vos gusten. Tamén creo que ides comezar coa lectura do Lobo Lupas, espero que vos guste!! Ata mañan disfrutade moito deste mércores!!

Martes 6 de Febreiro de 2024

Imagen
 Moi bo día amiguüiñ@s!!! Hoxe é Martes e   tedes clase de Inglés co teacher Juanma  E tamén Educación Física con Maricha os de 1º A e con Antón os de 1º B. Hoxe imos a utilizar as tramas para facer unha parte importante do disfraz. As tramas forman parte dunha técnica artística moi interesante que utilizan algúns pintores como ROmero Britto Ata mañán!!

Luns 5 de Febreiro de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!! Hoxe comezamos unha semana moi importante e de moito traballo manual xa que estamos na semana do entroido!!!! COMEZAMOS A MISIÓN ENTROIDO!!! Será unha semana diferente na que teremos que facer traballo en equipo e colaborar para ter preparados os nosos disfraces deste venres!!!! Aínda así iremos facendo traballo de repaso de contidos. Non teremos encargados xa que comezaremos unha nova ronda á volta das vacacións de entroido. Pero non deixamos de facer a asamblea e completar o noso calendario. Coma todos os Luns hoxe algúns teredes clase de Relixión con Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. E contádeme que tal foi a vosa fin de semana?? Recordade escribilo no voso diario da fin de semana. Vémonos mañán amig@s!!!!

Venres 2 de Febreiro de 2024

Imagen
  Moi bos días!! Hoxe rematamos a semana!!! É venres e mañan xa será Sábado. Que palns tedes esta fin de semana?? Imos comezar coa asamblea onde os encargad@s de hoxe son: En 1º A  Borja En 1ºB Mateo Despois seguiremos cas propostas desta semana que son: PROPOSTA 1:  Xogamos á oca ,  calculamos e escribimos números. PROPOSTA 2:  Escritura creativa. Formamos palabras e oracións. PROPOSTA 3: Lectura comprensiva. PROPOSTA 4: Problemas matemáticos. Todo sobre el número Despois teredes tempo de seguir cos disfraces que xa vin que están quedando moi chulos!! Deixovos a canción de Uxía Lambona para que empecedes con forza esta último día da semana. UN SOÑO É